Antroido 2010

Tags:

Este curso, por primeira vez, celebramos o antroido o segundo venres, logo do mércores de cinza. O tema foi o "Enterro da Sardiña".  O noso Concello  leva celebrando, xa dende hai anos, este "remate" do Antroido no noso barrio. Sen embargo había bastante descoñecemento do que iso significaba.

Realizáronse actividades nas aulas para que os rapaces souberan o que  era o "enterro da sardiña" e  os disfraces foron propostos para ese evento ou algo que tivera relación con el.

Fixemos unha sardiña e 4 metros de largo, logo fomos en procesión ata o pavillón onde o alumnado leu   varios retrousos  compostos por eles na aula os aprenderon unha canción (que cantaban moi ben na aula). queimamos a sardiña (que tiña varios petardos no seu interior) e fomos a tomar a merenda.

Cada grupo na súa mesa coas lambetadas típicas destas datas para merendar. A ANPA  repartíu  "chuches", leite e zumos  a tódolos alumnos e sortearon unha cesta de Antroido, logoun pouco de xogos e baile.

Algunha fotos do entroido:

 

  

                            

Antroido 2010