Antroido 2009

Tags:

 

Este ano o tema foi: "CONTOS INFANTÍS".   Cada grupo elixiu un conto para traballar sobre el.


 

O  traballo consistía en  elixir o conto e facer  actividades  lectivas, artísticas e lúdicofestivas relacionados co tema elixido:.

  

  

                         

En canto a lectivas: realizar a lectura diaria,  textos, dictados etc... e na parte artística dar renda solta  á creatividade, aos comentarios, á crítica... Aproveitaríase tamén para  recompilar material audiovisual sobre o tema elixido, farianse audicións e proxeccións sobre o tema. Traballaríase no desenvolvemento plástico e creativo  facendo debuxos, carteis, carautas, o mesmo disfraz.... No tema artístico-musical inventando unha canción e preparando unha pequena coreografía e, por último, a "GALA" , o momento no que  van facer a súa actuación.

Logo da gala  a "festa gastronómica", un momento que contrasta co resto da mañá, o momento en que todos están máis quedos e calados, o momento da merenda, das lambetadas...

Os disfraces foron todos moi lucidos, con moita cor e vistosidade , para ser feitos en tan pouco tempo. Todos fixeron a súa actuación cantando e bailando, houbo ata unha actuación circense que foi unha unha sorpresa dentro do festival.

O mellor... A ilusión dos rapaces e rapazas, o traballo aportado, a colaboración cara a acadar un obxectivo común ... Se dentro duns cantos anos cada un  fai unha  pequena lembranza  deste día... obxectivo conseguido.

O peor... o de sempre, o sonido. O pavillón ten unhas condicións acústicas nada axeitadas para eventos deste tipo,  iso fai que os espectadores non  perciban o que se está a facer ou dicir e se poñan a falar, polo que  o que se está a escoitar e agora máis  inaudible e desluce todo o traballo...

Ver galerías de fotos:

Antroido 2009