Magosto/samaín 2010-11

Tags:

.

MAGOSTO 2011

Traballos realizados na aula por alumnado de 3º

 

 

MAGOSTO 2010

Un ano máis, como ven sendo costume   celebramos o magosto no colexio.

O magosto non ven só, hai unha morea de actividades e tarefas que se relacionan con el e con esta época do ano.

Na aula facemos actividades  do libro que veñen deseñadas para facer no outono e todas  as datas conmemorativas que  hai no outono, as súas características e  as súas particularidades, cada unha delas coa súa identidade especial.

 

Pero o máis eperado é a festa, a comilona das castañas asadas  con leite, e os aparellos que se prepararon  para poder facer  corenta kilos de castañas dunha soa vez.

Este  curso   Teresa e Arturo foron os encargados de  organizar e facer todos os preparativos para qiue todo estivera a punto, e as castañas estaban moi boas como tódolos anos.

O día  que nos tocou foi un día radiante, con sol e  case sen vento ningún, pudémolo aprobeitar moi ben, non como o ano pasado que tocounos un día de temporal.

Sobre  o contido da festa do magosto xa  falamos outros  cursos e tocaría volver a repasalos nas ligazóns que hai abaixo.

Algunhas fotos do magosto:

Ver máis fotos do magosto 2010

 

 

SAMAÍN

Tamén celebramos o SAMAIN

Insistimos:Non confundir co halloween,  importado fai pouco no resto de España  e agora en Galicia tamén


Nós temos a nosa celebración propia,  con ritos propios, festa propia e comidas e lambetadas propias... Pero desto xa falamos o curso pasado.

FIXEMOS VARIAS EXPOSICIÓNS DE CABAZAS:

Outras das actividades a realizar neste período é a dos froitos do outono, neste ano destacamos a realizada polo alumnado de terceiro de primaria.

Tamén fixeron  actividades artísticas relacionadas co periodo do outono

 

 

Magosto/samaín  2010-11