Día da PAZ 2010

Como tódolos anos fixemos actividades na aula que teñen como tema trasversal a Paz e a non violencia. Logo fixemos un pequeno festival conmemorando o día.

Todo o alumnado do centro saíu cunha biseira decorada por eles  e con dúas pombas da brancas. Por grupos foron facendo bailes de diferentes rexións e paises do mundo, logo cantamos todos xuntos unha canción que ten como tema a paz ao  tempo que se realizou unha proxección con imaxenes, axustada á letra da canción e ao remate, como outros anos  algo que encanta a rapaces e maiores, un baile participativo  e dinamizador que nos adaptamos  e se axeita moi ben a esta conmemoración.

 

  

           

 

 

Día  da  PAZ  2010