Despedimos o curso con "Chisterita, a película" gravada polos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil dentro do proxecto "O cine".

Esperamos que vos guste. Bo verán!

Este ano as Letras Galegas adicáronselle a Florencio Delgado Gurriarán e, para celebralo, fixemos este mural tan chulo coas fotos de todos os nenos e nenas do cole.

O alumnado de Educación Primaria fixo unha xincana en busca de información sobre este autor.

E os nenos e nenas de infantil tiveron que descifrar como se chamaba o homenaxeado e traballaron tamén o seu retrato.

 

 

A través da aplicación FONDOLIBROS podedes consultar a convocatoria, descargar os formularios para a solicitude presencial ou acceder para a presentación telemática.

O prazo de presentación comenza o 19 de maio e remata o 22 de xuño, en horario de secretaría:

- Luns de 9.10 a 9.45.

- De martes a venres de 13.10 a 13.45.

- Martes pola tarde de 16 a 17 horas.

Podedes consultar como solicitar estas axudas a través do seguinte enlace:

Resolución 13 de maio 2022

Se tedes dúbidas, atenderémosvos en horario de secretaría: os luns dee 9.15 a 9.45 e de martes a venres de 13.10 a 13.45. O martes pola tarde tamén de 16 a 17 horas.

As listaxes definitivas de admitidos e non admitidos están publicadas na porta principal do colexio.

As listaxes provisionais de admitidos e non admitidos están publicadas na porta principal do colexio.

Distribuir contido