ESTE É O RESUMO DA XORNADA DE XOGOS QUE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. GRANDES E PEQUENOS, ENREDANDO TODOS XUNTOS.

 

ESTES SON OS VIDEOS CREADOS POLO ALUMNADO E PROFESORADO DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DENTRO DO PROGRAMA "NÓS TAMÉN CREAMOS"

Con motivo do día do Libro, o alumnado realizou os tradicionais apadriñamentos lectores, onde os maiores traballaron cos máis pequenos.

Ademais, realizamos uns avións (un por cada neno) co nome dos libros favoritos e o nome do neno, lanzámolos ao aire e tentamos de buscalos para devolverllos ao seu dono e falar sobre os libros.

O 30 de xaneiro, Día da Paz, celebramos un acto no noso centro con proxección de curtametraxes, bailes, e a realización dunhas estatuas pola paz cunha banda sonora tamén creada por nós.

Aquí tedes parte do resultado...

O alumnado de 4º de EP realizou unha curtametraxe axudados polo mestre de educación física e pola súa titora para participar no concurso "Nós tamén creamos".

Xa saiu o veredicto do xurado, e os nosos alumn@s e os seus mestr@s resultaron premiados.

A continuación, achégase o enlace para poder visualizala.

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-figueira-de-pelostortos...

 

A continuación anéxase o enlace ao vídeo da canción de Iriña Bailarina, feito polo grupo de teatro Ghazafelhos co alumnado do centro:

https://www.youtube.com/watch?v=xuh_O4x2Cwg

 

Distribuir contido