Estimadas familias. Con motivo da celebración do día do libro, este ano non imos poder realizar os xa tradicionais apadriñamentos lectores.

Por iso, animamos ao alumnado de educación primaria a que escollades o voso libro favorito e nos enviedes unha foto onde se vexa o libro, e vós representedes ou ben unha parte, ou a portada, ou personaxes (podédesvos disfrazar, recrear obxectos do conto, representar escenas, facer xestos, etc... o que se vos ocorra). Pero sempre que se vexa claramente cal é o libro. Despois, enviade esta foto ao seguinte correo: biblioponzos@gmail.com. Todo isto con data límite 24 de abril. Despois, con estas fotos montaremos un vídeo que colgaremos no blogue da biblioteca.

O alumnado de infantil falará sobre o libro que traballaron en semanas anteriores e gravará un pequeno audio, seguindo as instruccións do profesorado deste ciclo.

Tags:

Con motivo das ferramentas postas a disposición dos centros educativos por parte da Consellería de Educación, achegamos as instruccións para usar no caso de que algún titor realice videoconferencias co seu alumnado.

A partir da páxina 3 está o referente ao alumnado. Botádelle un vistazo por se o necesitamos.

Tags:

No CEIP de Ponzos estamos moi concienciados da importancia de coidar o noso Planeta e, por iso, integramos no noso día a día diferentes hábitos que implican a regra das tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar). 

No seguinte vídeo amosámosvos algunha das actividades que levamos a cabo dentro do Plan Proxecta “Recíclate con Sogama”, de Pilabot e Voz Natura.

 

A continuación adxúntanse materias proporcionados polo departamento de orientación do centro.

Saúde!!!

GRAZAS FAMILIAS, POR PARTICIPAR NO RETO "O MEU CONTO FAVORITO". AQUÍ TEDES O VÍDEO COAS FOTOS DOS VOSOS TRABALLOS.

 

AQUI TEDES O VIDEO COS ÁNIMOS DO ALUMNADO DO COLE DE PONZOS PARA LEVAR MELLOR ESTA SITUACIÓN TAN ESTRAÑA QUE NOS TOCOU VIVIR. UNHA APERTA E GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E ALENTO.

Tags:

CON TODO O NOSO CARIÑO E ÁNIMO PARA TODOS E TODAS. CON GAÑAS DE VERNOS PRONTO...SAÚDE!!!

Dende o colexio, co material dispoñible no centro, construíronse 100 máscaras para a residencia de maiores DomusVi de Narón.

Consideramos que é útil axudar nos actuais momentos complicados nos que nos atopamos.

 

Adxúntase o Plan de Convivencia e as NOF do centro, coa revisión de xuño do ano 2021 (criterios en casos de desdoble e criterios de promoción de curso).

E tamén o PEC coa inclusión dos aspectos curriculares.

Con motivo do falecemento do mestre do colexio don ARTURO GARCÍA FREIRE, o alumnado do noso centro realizou unha sentida homenaxe.

A continuación vai a noticia na prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2018/09/28/titular-3-col-cue...

Distribuir contido