Skip to Content

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018-2019

Este xoves 20 celebramos o noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Tivemos actuacións musicais, recitado, e por suposto as Graduacións de 6º de educación infantil e 6º de educación primaria.

Moita sorte para todos e todas!

SAIDA DE 3º A 6º Á CORUÑA

Este martes 18 de xuño o alumnado de 3º a 6º de primaria desprazouse ata a Coruña para visitar a Casa das Ciencias, o Planetario e á Domus.

SAIDA INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA Á COSTA

O pasado venres 14 de xuño o alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria tiveron unha saiída á Costa de Lugo, estiveron en Burela e viaxaron en tren.

INTERCAMBIO COS CEIPS DE LOURENZÁ E RIOTORTO

O nércores 5, como todos os cursos, tivemos o INTERCAMBIOS DEPORTIVOS cos CEIPs de Riotorto e de Lourenzá. Este curso tocounos ir ao CEIP de Riotorto. Tivemos competicións de futbol-sala e de baloncesto e incluso tivemos un hinchable e distintas actividades de ocio. Rematamos a xornada comendo todos xuntos. 

MOITAS GRAZAS AO CEIP DE RIOTORTO POR RECIBIRNOS!

VISITAS

O pasado venres 31 recibimos a visitas do alumnado que comeza o vindeiro curso en educación infantil. Recibíronos os nenos e nenas que agora están en 4º e 5º de educación infantil, ensináronlles a Biblionova, a aula de inglés, a de psicomotricidade e a súa aula de clase. Remataron merendando todos xuntos.

CHARLA DE TRAFICO

Este venres 31 de maio todo o alumnado, en dous grupos, recibimos unha charla da Coordinadora Provincial de Tráfico, dentro do PDI que estamos a traballar este curso sobre Educación Vial. Unha das charlas foi para os pequeniños de infantil e 1º e 2º de primaria e a outra para 3º, 4º , 5º e 6º de primaria.

DESPEDIDA DE AUDREY

Este mércores 29 foi o último día de Audrey no cole. Por iso comemos todos xuntos e despedímonos dela. Gracias por todo Audrey. Thank you very much!

VISITA DO MAGO RAFA

Este xoves 23 de maio visitounos, subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo, o Mago Rafa. Disfrutamos dos seus trucos e os nenos e nenas pasárono estupendamente.

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS - LETRAS GALEGAS 2019

O xoves 16 de maio conmemoramos o DIA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano se adica a ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Pola maña fumos todos e todas á Casa de Cultura onde escoitamos un Concerto da Escola Municipal de Música. Concerto no que tamén estaba o alumnado do IES.

Xa pola tarde o alumnado de 6º de primaria nos presentou cun powerpoint ao autor homenaxeado, contándonos algo da súa vida, obra, etc.

Distribuir contido


by Dr. Radut