Skip to Content

SEMANA DO LIBRO VIRTUAL

GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!

UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL

Pincha na imaxe e poderás escoitar un CONTACONTOS moi especial con motivo da SEMANA DO LIBRO.

SEMANA DO LIBRO

Bo día esta semana imos celebrar a nosa SEMANA DO LIBRO virtual. Aquí tedes un empuxón, agora animádevos vos. Tedes toda a información na AULA VIRTUAL.

 

 

AULA VIRTUAL

Bo día a todos e todass: esperamos que sigades todos moi ben. Só recordarvos que todas as actividades que estamos a facer estes días que non vimos ao cole están na aula virtual, polo que é convinte que entredes coa maior frecuencia que vos sexa posible na AULA VIRTUAL do cole, tanto na do voso curso como na da Biblionova. Ali ides encontrar moitas cousas, tanto das distintas materias como actividades para que se vos faga mais levadeiro o tempo de estar na casa.

Un saúdiño a todos e todas.

Tárdanos moito volver a vervos a todos e todas no cole!

MOITO ANIMO E MOITA FORZA

Estimadas familias:

A través deste medio queremos facervos chegar unha mensaxe de ANIMO e de MOITA FORZA nesta situación que estamos a vivir e que en principio e segundo as últimas noticias todavía vai para largo. Esperamos que todos e todas esteades ben de saúde, que neste momento é o prioritario.

Tamén queremos dicirvos que no colexio de 10:00 a 13:00 horas todos os días, de luns a venres, hai unha persoa do equipo directivo que vos pode aclarar calquera dúbida que teñades.

UN SAUDO E ESPERAMOS VERNOS O ANTES POSIBLE !!!!

 

DIA DE ROSALIA

Este pasado vernes celebramos o DIA DE ROSALIA, con algo de retraso, xa que o propio día coincidía coa celebración do entroido.

ENTROIDO 2020

Seguuindo a temática do noso PDI deste curso, Sementar sementarei... hoxe celebramos o noso desfile de Entroido.

Distribuir contido


by Dr. Radut