Skip to Content

THANKSGIVING DAY

Onte celebramos o día de Acción de Gracias, Thanksgiving day. Todos demos as gracias por algo, pola nosa familia, pola saúde, pola escola, polos mestres e mestras, polas cousas que temos, etc.

TITERES A BRINCADEIRA NO COLE

Este martes e completando as actividades de conmemoración do Día contra a violencia de xénero visitáronnos Títeres a Brincadeira que estiveron na Biblionova co espectáculo de contacontos "A Carteira de Augasclaras". Estivo moi dinámico e divertido.

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe conmemoramos o DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO. Todo o noso apoio e solidaridade coas vítimas. VIOLENCIA CERO.

 

OS NENOS E NENAS DE 6º REPARTINDO LAZOS CONMEMORATIVOS

 

 

 

BREAKOUT

Aqui tedes algunhas fotos do BREAKEOUT organizado durante o mes de novembro pola Biblionova.

SEMENTAR, SEMENTAREI...

Comezamos o desenrolo do noso PDI deste curso facendo unha colleita de diferentes sementes. Xa sabedes, Semantar, Sementarei e consumidor responsable serei... Moito ánimo

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O pasado venres celebramos o noso MAGOSTO. Como todos os cursos tivemos xogos tradicionais, asamos e comemos castañas e tomamos un batido. Estivemos acompañados polas familias. Gracias por asisitir.

TRABALLAMOS NO PDI DESTE CURSO

Ya vedes como estamos a traballar no PDI deste curso "SEMENTAR SEMENTAREI E CONSUMIDOR RESPONSABLE SEREI".

A BIBLIONOVA CELEBRA HALLOWEEN

Hoxe celebramos na nosa Biblionova HALLOWEEN. A maioría do alumnado do cole trouxo a súa calabaza ou o seu centro. Moitas grazas ás familias pola colaboración. O alumnado de 5º e 6º disfrazouse e algunas outras clases tamén se pintaron, puñeron caretas, etc. Os nenos e nenas disfrazados repartiron caramelos e galletas. Así mesmo na HORA DE LER fumos ao CEMENTERIO DOS LIBROS e lemos en cada clase un libro de medo.

FELIZ SAMAIN - HAPPY HALLOWEEN

CHARLA PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA

O pasado venres e dentro do Plan Director para a Convivencia o alumnado de 5º e 6º de primaria tiveron dúas charlas, unha centrada na DROGA e outra na adicción aos VIDEOXOGOS, impartida por persoal especializado da Garda Civil.

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de outurbro celebramos o DIA DAS BIBLIOTECAS. Os nenos e nenas de 6º contáronnos un pouco de porqué celebramos hoxe este día, as funcións, para que serve e como temos que estar na bibioteca. Tamén nos recordaron todo o que temos na Biblionova, libros adaptados para as nosas idades, o Rincón Maker, Audiovisuais, Impresora 3D, etc.

A continuación aproveitamos este día pora dar comezo "oficial" ao noso Proxecto deste curso "SEMENTAR SEMENTAREI E CONSUMIDOR RESPONSABLE SEREI". Así hoxe "tomamos posesión" das nosas parcelas no invernadoiro, na que cada curso vai a traballar, sementar e recoller os seus froitos.

Distribuir contido


by Dr. Radut