Skip to Content

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de outurbro celebramos o DIA DAS BIBLIOTECAS. Os nenos e nenas de 6º contáronnos un pouco de porqué celebramos hoxe este día, as funcións, para que serve e como temos que estar na bibioteca. Tamén nos recordaron todo o que temos na Biblionova, libros adaptados para as nosas idades, o Rincón Maker, Audiovisuais, Impresora 3D, etc.

A continuación aproveitamos este día pora dar comezo "oficial" ao noso Proxecto deste curso "SEMENTAR SEMENTAREI E CONSUMIDOR RESPONSABLE SEREI". Así hoxe "tomamos posesión" das nosas parcelas no invernadoiro, na que cada curso vai a traballar, sementar e recoller os seus froitos.

VISITA A RIBADEO

O pasado venres 27 o alumnado de primaria, de 1º ºa 6º viaxaron a Ribadeo para visitar o "Trailer Saludable", sobre alimentación saudable e consumo responsable, dentro da tenática do PDI deste curso "Sementar, sementarei e consumidor responsable serei"

BENVID@S AO CURSO 2019-2020

COMEZAMOS O CURSO 2019-2020. BENVIDAS E BENVIDOS A TODAS E A TODOS.

MOITOS EXITOS

FIN DE CURSO 2018-2019 - BO VERAN

Este venres rematamos o curso escolar 2018-2019 e celebrámolo, como o tempo non nos deixou ir a Saldoira, no Cole, con xogos, bailes e comida "campestre".

BO VERÁN PARA TODOS E ATA O CURSO QUE VEN!


Aqui podedes ver algunhas fotos:

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018-2019

Este xoves 20 celebramos o noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Tivemos actuacións musicais, recitado, e por suposto as Graduacións de 6º de educación infantil e 6º de educación primaria.

Moita sorte para todos e todas!

SAIDA DE 3º A 6º Á CORUÑA

Este martes 18 de xuño o alumnado de 3º a 6º de primaria desprazouse ata a Coruña para visitar a Casa das Ciencias, o Planetario e á Domus.

SAIDA INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA Á COSTA

O pasado venres 14 de xuño o alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria tiveron unha saiída á Costa de Lugo, estiveron en Burela e viaxaron en tren.

INTERCAMBIO COS CEIPS DE LOURENZÁ E RIOTORTO

O nércores 5, como todos os cursos, tivemos o INTERCAMBIOS DEPORTIVOS cos CEIPs de Riotorto e de Lourenzá. Este curso tocounos ir ao CEIP de Riotorto. Tivemos competicións de futbol-sala e de baloncesto e incluso tivemos un hinchable e distintas actividades de ocio. Rematamos a xornada comendo todos xuntos. 

MOITAS GRAZAS AO CEIP DE RIOTORTO POR RECIBIRNOS!

VISITAS

O pasado venres 31 recibimos a visitas do alumnado que comeza o vindeiro curso en educación infantil. Recibíronos os nenos e nenas que agora están en 4º e 5º de educación infantil, ensináronlles a Biblionova, a aula de inglés, a de psicomotricidade e a súa aula de clase. Remataron merendando todos xuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut