VISITAS

O pasado venres 31 recibimos a visitas do alumnado que comeza o vindeiro curso en educación infantil. Recibíronos os nenos e nenas que agora están en 4º e 5º de educación infantil, ensináronlles a Biblionova, a aula de inglés, a de psicomotricidade e a súa aula de clase. Remataron merendando todos xuntos.

Por outra banda este martes 4 de xuño o alumnado de 6º de primaria acudiu a unha visita ao IES Enrique Muruais, no que cursanrán 1º da ESO en setembro. Tamén os recibiron os compañeiros de 1º da ESo deste curso e ensináronlles as intalacións do IES. Remataron tamén tomando algo todos xuntos na Cafetería.