ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE LINGUA ÁRABE. CURSO 2022-2023

 

Do 1 ao 12 de setembro (ambos inclusive) queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de Lingua Árabe.

Para efectuar a inscripción deben entregar na Secretaría do centro o impreso debidamente cumprimentado de 9:30 a 12:00.

IMPRESO: descargar aquí ou solicitalo na conserxería do centro sen cita previa dende o día 1 de setembro.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2022-2023

LUNS 5 DE SETEMBRO DE 2022

 

Os asistentes dirixiranse ás portas de entrada dos pavillóns correspondentes á hora sinalada para que as titoras/es os acompañen ás aulas. 

 

 

9.30 h: 4º e 5º de Educación Infantil (acceso ao recinto pola porta E6) / 5º e 6º Educación Primaria (acceso ao recinto pola porta E1)

 

11.00 h:6º de Educación Infantil (acceso ao recinto pola porta E6)/ 3º e 4º de Educación Primaria (acceso ao recinto pola porta E1)

 

12.30 h: 1º e 2º de Educación Primaria (acceso ao recinto pola porta E1)

 

Lembrase a necesidade de non acudir cos nenos ás reunión. 

 

Grazas

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2022-2023

Informamos as familias que o comezo do curso escolar 2022-2023 será o día 8 de setembro, ás 9.30 horas para todo o alumnado. 

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2022/2023

Publicase con data de 13 de xullo a resolución definitiva das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2022-23.

As listaxes  deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada do PAVILLÓN ADMINISTRATIVO. NON é preciso pedir cita para a súa consulta. Horario de 9.30 a 12.00 ata o 15 de xullo.

Os vales de material e de libros de texto concedidos serán entregados no mes de setembro. 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2022/2023

Publicase con data de 6 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2022-23.

 

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada do PAVILLÓN ADMINISTRATIVO. NON é preciso pedir cita para a súa consulta. Horario de 9.30 a 12.00.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

 

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

 

As solicitudes que se presentaron para alumnos/-as de Educación Infantil quedan excluídas por non estar incluídas na convocatoria.

 

Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

 

 

Alumnado de 5º e 6º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

 

Os vales de material e de libros de texto concedidos serán entregados no mes de setembro.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 8 de xullo, en horario de secretaría (09:30 a 12:00). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.

Matrícula do NOVO alumnado admitido para o curso 2022-2023

O NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-23  formalizará a matrícula:

IMPORTANTE. A entrega debe facerse con CITA PREVIA (en horario de 9:30 a 12:00) no teléfono 650977667

  • do 20 ao 30 de xuño de 2022, ambos inclusive
  • documentación a entregar:

 

Poden descargar aquí o impreso ou recollelo na conserxería do centro.

 

  • Se solicitan Comedor Escolar, deben tramitalo coa ANPA do Centro. Abrir contacto.

 

  • Se solicitan Transporte Escolar, podedes recoller o impreso no centro. 

 

 

 

 

Lembramos que o alumnado que xa está actualmente no centro NON debe realizar ningún trámite de matrícula.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2023-2024

Bos días, achégase o listado de libros de texto para o curso 2023-2024.

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

CEIP PONTE DOS BROZOS

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3º ANOS). Non hai libros

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS). Non hai libros

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS). Non hai libros

1º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA.

Matemáticas: Comunidad Zoom. Vicens Vives. ISBN 978-84-682-8099-8

Lingua Galega: Construíndo mundos (1-1), Obradoiro Santillana ISBN 978-84-9185-399-2

Construíndo mundos (1-2), Obradoiro Santillana ISBN 978-84-9185-532-3

Lectoescritura Edelvives Fanfest: ISBN 9788414049488

L. Inglesa: ALL ABOUT US NOW 1  Class Bookwith Digital Book. ISBN 9780194074223

2º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

Matemáticas: Comunidade Zoom, Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-9184-0 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Lingua Galega: Construíndo mundos, Obradoiro Santillana ISBN:978-84-9185-675-7 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

L. Inglesa: ALL ABOUT US NOW 2  Class Book with Digital Book. ISBN  9780194074438

3º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

Matemáticas: Cuadernos (3.1, 3.2, 3.3) Practica Mat Comunidad Zoom. Vicens Vives. ISBN 9788468281025 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Lingua Galega: Lingua 3 Ed.Primaria. Tecelingua. Edicións Xerais. ISBN 9788411100205 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

- Caderno do alumno. Lingua 3. Tecelingua. Edicións Xerais. ISBN 9788411100229NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Lengua Castellana: NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA  Cuadernos (1o, 2o Y 3o trimestre) Lengua Castellana. Proyecto Construyendo mundos. Santillana

Cuaderno 1o trim: ISBN 9788468077451

Cuaderno 2o trim: ISBN 9788468077437

Cuaderno 3o trim: ISBN 9788468077468

Ciencias da Natureza: Ciencias da Natureza 3 Comunidade Zoom. Vicens Vives. ISBN 978846828533 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Ciencias Sociais: Ciencias Sociais 3. Comunidade Zoom. Vicens Vives. ISBN 9788468285375 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

L. Inglesa:  ALL ABOUT US NOW  3 Class Book with Digital Book. . ISBN 9780194074650Activity Book + ALK with Digital Book  ISBN 9780194073844

4º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

C. Naturais: Libro Comunidad ZOOM Natureza 4 ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292502

C. Sociais:Libro Comunidad ZOOM  Sociais 4 ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292533

L. Galega: Libro Comunidad ZOOM Lingua 4 (4.1,4.2, 4.3) ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292885

L. Castellana: Cuaderno Comunidad ZOOM  Practica Lengua 4 (4.1, 4.2, 4.3) ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292045

Matemáticas: Cuaderno Comunidad ZOOM Practicamat 4  (4.1, 4.2, 4.3) ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292014

L. Inglesa:  ALL ABOUT US  4 Class Book with Digital Book. . ISBN 9780194074803 ALL ABOUT US  NOW  4Activity Book + ALK with Digital Book  ISBN 9780194073905 

 

5º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA.

PROXECTO EDIXGAL.

L. Inglesa: ALL ABOUT US NOW 5Activity Book+ ALK with Digital Book ISBN 9780194073967

 

6º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

PROXECTO EDIXGAL.

L. Inglesa:ALL ABOUT US NOW 6 Activity Book + ALK with Digital Book ISBN 9780194074025 

 

pdf adxunto. - LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Distribuir contido