ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de praza para o próximo curso, as solicitudes entregadas en prazo e forma foron:

Curso 2022/2023

VACANTES

Nº SOLICITUDES

4º Educación Infantil

125*

85

5º Educación Infantil

27

2

6º Educación Infantil

8

2

1º Educación Primaria

5

1

2º Educación Primaria

1

2

3º Educación Primaria

31

1

4º Educación Primaria

6

1

5º Educación Primaria

22

1

6º Educación Primaria

17

1

Vacantes actualizadas con data de 24/03/22

 * 15 prazas de reserva para alumnado con NEAE

IMPORTANTE:

Ao existir máis solicitudes que vacantes ofertadas polo centro, procederase á de baremación en 2º de Primaria. 

As familias entregarán documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo (de carácter voluntario) ata o 6 de abril.

O centro informará nesta web da publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, antes do 25 de abril de 2022.

 

 

NOVA ORGANIZACIÓN DAS SAÍDAS

A partir do luns día 14, as familias accederán ao interior do recinto escolar a RECOLLER aos seus fillos/as. 

Achegaranse ás portas por onde saen do pavillón correspondente Á MESMA HORA que o veñen facendo ata o de agora.

O alumnado de 5º e 6º de primaria que non estea autorizado a saír só, deberá ser recollido na porta do pavillón.

É obrigatorio o uso da máscara dentro do recinto escolar.

Moitas grazas pola súa colaboración. Un saúdo. 

O Equipo Directivo.

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-23

1- CALENDARIO:

Solicitude de admisión do 1 ao 21 de marzo, ambos inclusive.

Presentación da documentación de baremo, en caso de haber máis solicitudes que prazas (INFORMARASE DO PRAZO NESTA WEB)

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril do 2022

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio do 2022.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2022

2- FORMA DE PRESENTACIÓN:

  1.      Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada no centro.
  2.      Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
  3.      Cubrir a solicitude manualmente e entregala  asinada no centro

                        Descargar Impreso: Galego   Castelán

 

A partir do xoves, poden recoller o impreso na conserxería

Para a entrega presencial deben solicitar cita previa no teléfono 650977667, de 09:30 a 12:00 (horario de secretaría)

3- DOCUMENTACIÓN:

  • Ademáis do Impreso da solicitude de admisión
  • Copia e orixinal do libro de familia, DNI/NIE do alumno e os proxenitores ou documentación acreditativa do requisito de idade.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.
  • Se solicitan unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta.

4- ZONAS DE INFLUENCIA:

  • Santiago de Arteixo (Parcial)
  • Santa Mariña, Lañas
  • San Estevo, Larín
  • San Pedro, Armentón
  • San Xiao de Barrañán
  • Santo Tomé, Monteagudo
  • San Pedro, Sorrizo
  • Santaia, Chamín

VER A LISTAXE DE RÚAS E PARROQUIAS ÁS QUE LLES CORRESPONDE O CEIP PONTE DOS BROZOS

Centros adscritos:

  • IES  ao que estamos adscritos para Educación Secundaria: IES Manuel Murguía.
  • Centros adscritos: EEI de A Lagoa, EEI de Rorís, EEI de Larín de Arriba.

5- PRAZAS VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

125*

5º EDUCACIÓN INFANTIL

26

6º EDUCACIÓN INFANTIL

7

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

5

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

1

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

26

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

22

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

17

 

 * 15 prazas de reserva para alumnado con NEAE

6- CRITERIOS DE BAREMACIÓN  

Deben marcar os criterios que alegan para que se teñan en conta no caso de que haxa que baremar as solicitudes de admisión. Se non se indica nada nun criterio, non se terá en conta.

Para o criterio da renda éste debe vir cuberto cos datos.

 VER ANEXO

7- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

O horario lectivo do centro é: de 09:30 a 14:30. 

Xestionado pola ANPA Ponte dos Brozos: madrugadores, comedor, extraescolares en merenda   

Contacto ANPA

Tranporte escolar, xestionado polo centro. Solicítase no momento de formalizar a matrícula.

  • Liña 1:Dende Urbanización Baer (parada excepcional) até Campo- Sorrizo.
  • Liña 2:Dende Centro de Saúde (parada excepcional) até Santaia.
  • Liña 3: Dende Bloquera (parada excepcional) até O Rañal 2.

Importante sobre o servizo de transporte:

  • Non teñen dereito a este servizo complementario os alumnos/as que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).
  • Só ten dereito a este servizo o alumnado domiciliado a máis de 2 Km. do centro, pero dentro da zona de influencia do mesmo.
  • A Xefatura Territorial poderá conceder, previa solicitude, autorización excepcional para alumnado domiciliado a unha distancia do Centro inferior a 2 Km. e superior a 1 Km. Estas autorizacións concederanse en precario e serán revogables. (Punto 3. Instrución 3/2012)

8- OBSERVACIÓNS:

  • A solicitude de admisión será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
  • O alumnado matriculado no CEIP Ponte dos Brozos, que presente solicitude de admisión noutro centro deberá informarnos.
  • No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  •  Darán lugar á perda do dereito de prioridade:
    • A presentación da solicitude fóra de prazo.(Considérase fóra de prazo as entregadas entre o 22 de marzo e o 18 de maio)
    • A presentación de máis dunha solicitude, en distintos centros.
    • As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

9- LEXISLACIÓN

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para o curso 2022/23 en centros adscritos, comunicamos a resolución:

 

Reserva de praza para 3º de Primaria do alumnado procedente das escolas unitarias: todas admitidas.

Formalizarán neste centro a matrícula no mes de xuño. Informaremos do procedemento nesta mesma web.

 

- Reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito IES Manuel Murguíatodas admitidas.

Formalizarán no instituto a matrícula no mes de xuño

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 2021/2022

Seguindo o establecido na Orde do 28 de Outubro de 2021, infórmase de que a distribución das máscaras realizarase do seguinte xeito: 

Mércores 12 de xaneiro: 1º e 2º Educación Primaria

Xoves 13 de xaneiro: 3º e 4º Educación Primaria

Venres 14 de xaneiro: 5º e 6º Educación Primaria

 

As máscaras recolleranse no pavillón administrativo de 9:30 a 12:30  nas datas sinaladas e deberán asinar a folla de recollida. Se teñen fillos/as matriculados en diferentes cursos poderán recollelas nun mesmo día. 

Así mesmo, quen non poida acudir, poderá autorizar por escrito a unha persoa que o faga, adxuntando copia dos DNIs.

 

Un saúdo

A Dirección

DÍA NON LECTIVO

O martes 7 de decembro  é un dos días escollidos e aprobados polo Consello Escolar como NON LECTIVO (xunto co 16 de maio de 2022). Por tal motivo, as clases reanudaranse o XOVES, 9 de decembro.

Un saúdo. O Equipo Directivo

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 2021/2022

 

Seguindo o establecido na Orde do 28 de Outubro de 2021, infórmase de que:

- Está publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do pavillón administrativo. 

Horario de secretaría de 9.30 a 12.30 

 

- Para a súa distribución seredes informados a través desta páxina web.

Un saúdo

A Dirección

Distribuir contido