CIRCULAR FIN DE CURSO

Poñemos a disposición das familias a circular fin de curso con diferentes informacións do 2013-2014 que remata , así coma do vindeiro 2014-13

CIRCULAR FIN DE CURSO

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Reunión coas familias de alumnado de novo ingreso

Lugar: Centro Cívico e Social

Día : 30 xuño

Hora: 16:30 h.

LISTA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015

Lista de libros para o vindeiro curso 2014-2015.

Descarga aquí o listado

REVISTA FRASQUIÑO DE ESENCIA CURSO 2013-2014

Como nos derradeiros anos , xa temos connosco a derradeira edición dixital da revista do centro Frasquiño de Esencia. Nela poderedes ver algunhas das moitas cousas que se fixeron no colexio ao longo do curso , así coma diferentes achegas dos distintos membros da comunidade educativa.

Grazas todos/as pola colaboración

Para vela revista , picar no debuxo da portada.

Portada da revista

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2014-2015

Listaxe de admitidos

Listado de non admitidos

Alumnado Admitido na  Comisión Escolarización

 

 

Contra esta relación, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Arteixo, 13 de maio de 2014

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2014-2015

  • Prazo: do 20 ao 30 de xuño
  • Lugar de presentación: Secretaría do centro
  • Documentación: Impreso (que se facilitará na secretaría), 2 fotos tamaño carnet (co nome por detrás), fotocopia da tarxeta sanitaria na que se vexa claramente o número da mesma.

 

UN DÍA NO PONTE DOS BROZOS

Xa están dispoñibles os Timelapse gravados neste centro o 9 de abril de 2014. Neles podedes ver o que acontecíu en case todas as aulas do centro, así coma unha montaxe de todas elas.

Lista de reproducción das aulas

Un día no Ponte dos Brozos

Distribuir contido