DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS. CURSO 2021-2022

 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_es.htmlserán BENEFICIARIOS de máscaras o seguinte alumnado:

 

  • O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (NON terán que presentar solicitude)

 

  • O alumnado que non foi beneficiario das axudas de material escolar  e cumpra un dos seguintes criterios establecidos na Orde anteriormente citada: 
    • Renda familiar per cápita igual ou inferior a 6000 euros (renta ano 2019)
    • Alumnado de Educación Especial,
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
    • Alumnado con discapacidade recoñecida de máis do 65%.

 

As SOLICITUDES realizaranse de forma presencial no centro educativo (Soamente deben entragalas o alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material escolar).

 

DOCUMENTACIÓN a ENTREGAR

-          Anexo I e Anexo II (Pódese recoller na conserxería do centro ou descargar aquí)

-          Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

PRAZO de entrega será do 15 ao 26 de novembro ambos inclusive.

Organización das entradas a partir do luns día 15 de novembro de 2021

As portas de entrada ao recinto serán abertas PARA TODO O ALUMNADO ás 9:20 horas. ROGAMOS  ACUDAN Á ENTRADA NA HORA QUE LLE CORRESPONDE A CADA NIVEL EDUCATIVO.

Unha vez dentro, organizarase deste modo:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º Educación Infantil. Igual que ata o de agora.

5º Educación Infantil. Entran directamente ás 9:20 horas para as aulas, como ata o de agora.

6º Educación Infantil. Entran directamente ás 9:25 horas para as aulas, como ata o de agora.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º NIVEL. Entran directamente ás 9:20 horas para as aulas, como ata o de agora.

2º NIVEL. Farán as filas na porta norte do pavillón 1 ata as 9:25 horas que accederán ás aulas.

3º NIVEL. Entran directamente ás 9:20 horas para as aulas, como ata o de agora.

4º NIVEL. Farán as filas na porta sur do pavillón 1 ata as 9:30 horas que accederán ás aulas.

5º NIVEL. Farán as filas na porta norte do pavillón 2 ata as 9:25 horas que accederán ás aulas.

6º NIVEL. Farán as filas na porta norte do pavillón 2 ata as 9:30 horas que accederán ás aulas.

MODIFICACIÓN DO USO DA VÍA PÚBLICA NA ENTRADA E SAÍDA DO CENTRO

A partir de maña, 9 de novembro, a Policía Local, establece unha nova organización da vía pública no horario de entrada e saída aos centros educativos quedando restrinxido o uso da estrada aos vehículos de transporte escolar, garderías e minusválidos. Polo tanto, os espazos reservados as familias do alumnado serán exclusivamente as beirarrúas.

Rogamos que para evitar aglomeracións cumpran estrictamente o horario de entrada e saída do alumnado. 

Moitas grazas pola súa colaboración.

FESTIVIDADE DÍA DO ENSINO GALEGO

O luns 11 non hai clase con motivo da celebración do Día do Ensino Galego

CONTRATACIÓN SEGURO PORTÁTILES EDIXGAL (5º-6º Educación Primaria)

Para as famlias de 5º e 6º de Educación Primaria compartimos o teléfono para contratar o seguro dos portátiles do alumnado e para obter máis información

PLEXUS

TELF: 881869900

 

SOLICITUDES DO ALUMNADO NA ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

TODO o alumnado que solicituo a actividade de biblioteca está admitido. 

Data de comezo da actividade. Luns 13 de setembro

 

MODIFICACIÓN DOS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA (4º E. PRIMARIA)

Modificación dos horarios de entrada e saída de 4º de Educación Primaria.

Porta Sur

 

·      4º EP: Entrada ás 9:30- Saída ás 14:30

 

A data de cambio de horarios será a partir do 14 de setembro. 

Distribuir contido