Secretaría

Matrícula do NOVO alumnado admitido para o curso 2021-2022

O NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-22  formalizará a matrícula:

IMPORTANTE. A FAMILIAS SERÁN CITADAS A TRAVÉS DO TELÉFONO QUE APARECE NA SOLICITUDE DE ADMISIÓN.

  • do 21 ao 30 de xuño de 2021, ambos inclusive
  • documentación a entregar:

Poden descargar aquí o impreso ou recollelo na conserxería do centro.

 

 

  • Se solicitan Comedor Escolar, deben tramitalo coa ANPA do Centro. Abrir contacto.

 

  • Se solicitan Transporte Escolar,

 

Usuarios lexítimos de transporte. Ver paradas e descargar impreso

 

Usuarios excepcionais. Ver paradas e descargar impreso

 

 

Lembramos que o alumnado que xa está actualmente no centro NON debe realizar ningún trámite de matrícula.

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EDUCACION PRIMARIA CURSO 2021-22

Venres 21 de maio de 2021

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/2022. Educacion Primaria

Abrir enlace 

Resumo e datos da renda familiar (2019)

 

PRAZO: dende o venres 21 de maio ate o martes 22 de xuño (inclusive)

PRESENTACIÓN

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace  e acceder coa Chave365. 
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.

Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas con CITA PREVIA no teléfono 650977667

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar)

b) Orixinal e Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019.

 

Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro. 

Imprimir anexos aqui ou, poden recollerse na conserxería do centro.

CALENDARIO DE PRAZOS

  • Entrega de documentación: ate o 22 de xuño (inclusive)

  • Resolución provisional: 6 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

  • Resolución definitiva: 13 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

  • Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de Setembro (Informarase nesta web e telegram)

 ACLARACIONS SOBRE A AXUDA 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Con data de 22 de abril de 2021,  informamos da Publicación da Resolución Provisional de alumnado admitido para o curso 2021-22

 

AVISO: As listaxes están publicadas no taboleiro interior do SECRETARIA DO CENTRO pois pola Lei de Protección de Datos, o centro non pode difundirlas na web.

Se o precisan, poden consultarse na secretaria do centro, de 09:30 a 12:00. Non é preciso pedir cita. 

 
 

CURSO 2021-22

Nº de solicitudes

Resolución Provisional

4º Educación Infantil

97

96 ADMITIDAS e 

1 excluída por presentación doutra solicitude noutro centro (Duplicidade)

5º Educación Infantil

8

TODAS ADMITIDAS

6º Educación Infantil

3

TODAS ADMITIDAS

1º Educación Primaria

3

Baremadas: 

2 admitidas /1 excluída.

2º Educación Primaria

1

TODAS ADMITIDAS

3º Educación Primaria

0

4 RESERVAS DAS UNITARIAS ADMITIDAS

4º Educación Primaria

1

TODAS ADMITIDAS

5º Educación Primaria

0

 

6º Educación Primaria

0

 
 
Prazo de reclamacións ao resultado listaxe provisional: ata o xoves día 29 de abril.

Lugar: secretaría de 09:30 a 12:00 

Resolución definitiva: publicarase antes do 15 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA, do 20 ao 30 de xuño.: Informaremos nesta mesma páxina web da súa formalización.

Admisión de novo alumnado para o curso 2021-2022

Mércores 24 de marzo.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de praza para o próximo curso, as solicitudes entregadas en prazo e forma foron:

IMPORTANTE:

Ao existir máis solicitudes que vacantes ofertadas polo Centro, procederase á de baremación en 1º de Primaria. 

As familias entregarán documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo (de carácter voluntario) ata o 9 de abril.

O centro informará nesta web da publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, antes do 25 de abril de 2021.

 

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

12 de febreiro de 2021

 

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para p curso 2021/22 en centros adscritos, comunicamos a resolución:

 

- Reserva de praza para 3º de Primaria do alumnado procedente das escolas unitarias: todas admitidas.

Formalizarán neste centro a matrícula no mes de xuño. Informaremos do procedemento nesta mesma web.

 

- Reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito IES Manuel Murguíatodas admitidas.

Formalizarán no instituto a matrícula no mes de xuño

 

WEB do IES  

Reserva de praza no IES Manuel Murguía para o alumnado de 6º de Primaria

Venres 8 de xaneiro de 2021

 

 

O alumnado que agora cursa 6º de Primaria, ten dereito preferente de praza no IES Manuel Murguia de Arteixo.

Aviso: as instruccións e impreso foron repartidas ao alumnado en clase durante a mañá de hoxe.

-  Entrega do anexo ED550A e unha copia do DNI/NIE do alumno/a en caso de que dispoñan del.

- O Anexo debe vir asinado polos proxenitores. En casos de separación,deben entregar unha copia da resolución xudicial correspondente para adxuntala. Cando a custodia é compartida, deben asinar igualmente os dous proxenitores.

- Prazo: do 11 xaneiro ao 8 de febreiro de 2021 (ambos inclusive)

- Lugar de entrega: secretaría do CEIP Ponte dos Brozos de 09:30 a 12:30 con cita previa 881 960 506

- A reserva pode ser entregada polos propios alumnos/-as, o Equipo Directivo recollerá a documentación nas aulas e entregarase posteriormente unha copia  da entrega.

- Se non desexan que o seu fillo/a continúe os estudos no IES Murguía, os proxenitores deben asinar unha renuncia na secretaria do CEIP Ponte dos Brozos.

- Unha vez rematado o trámite, para coñecer se a reserva foi admitida e dispoñen de praza para o curso 2021-22, informaremos na web do centro. A data límite de publicación das listaxes nos centros é o 28 de febreiro.

- A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

WEB CONSELLERIA. Ver Reserva de praza

 

 

Axuda Máscaras Educación Primaria.

Venres 11 de Decembro.

 

Publicada a Resolución Definitiva, comunicamos dende a Secretaría do centro: 

 

1) O alumnado de Primaria beneficiario recibirá 5 máscaras reutilizables para os 125 días lectivos restantes. 

As máscaras veñen en sobres individuais nos que xa figura a certificación e instruccións de lavado.

 

2) As máscaras serán recollidas por un dos proxenitores idéntificándose con DNI/NIE para asinar a súa retirada.

De non poder asistir, pódese autorizar a outra persoa. Deixamos un modelo de autorización.

Ver autorización

 

3) O reparto será do seguinte modo, organizado por cursos. Non é preciso pedir cita previa pero si respetar ao máximo as franxas horarias así como as medidas de seguridade. 

De non poder asistir, buscaremos outras datas unha vez rematado o reparto que adxuntamos a continuación:

 

Ver reparto

 

 

Distribuir contido