LISTADO ALUMNADO CURSO 2023-2024

A partir do luns, 4 de setembro, estarán expostas as listas dos grupos para poder ser consultadas en horario de 9.30 a 14.00 nos taboleiros situados na conserxería

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2023-2024

 

DÍA 8 DE SETEMBRO (VENRES)

 

 

 

 

9.30 h: 5º Educación Primaria

 

10.00 h: 4º Educación Infantil

 

11.00 h: 3º de Educación Primaria

 

12.30 h: 1º de Educación Primaria

 

 

 

 

DÍA 11 DE SETEMBRO (LUNS)

 

 

 

16:15 h:  5º e 6º de Educación Infantil/6º Educación Primaria

17.15 h: 2º e 4º de Educación Primaria

 

 

Educación Infantil acceso pola porta E6

Educación Primaria acceso pola porta E1

 

 

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE LINGUA ÁRABE. CURSO 2023-2024

Do 1 ao 11 de setembro (ambos inclusive) queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de Lingua Árabe.

Para efectuar a inscripción deben entregar na Secretaría do centro o impreso debidamente cumprimentado de 9:30 a 12:00.

IMPRESO: descargar aquí ou solicitalo na conserxería do centro sen cita previa dende o día 1 de setembro.

ABERTO O PRAZO PARA REALIZAR A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA PARA O CURSO 2023/2024

Do 1 ao 11 de setembro (ambos inclusive) queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de biblioteca para o alumnado matriculado no centro mediante a cumplimentación da solicitude e a entrega na Secretaría do centro en horario de 9:30 a 12:00.

IMPRESO: descargar aquí ou solicitalo na conserxería do centro sen cita previa dende o día 1 de setembro.

A actividade de biblioteca comezará o 14 de setembro.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

Publícase con data do 13 de xullo a resolución definitiva das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2023-2024

As listaxes definitivas consultaranse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

Os vales recolleranse na Secretaría do centro en horario de 9.30 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Luns 17 de xullo. 1º e 2º de Primaria

- Martes 18 de xullo. 3º e 4º de Primaria

- Mércores 19 de xullo. 5º e 6º de Primaria

 Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día. 

 

Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

 

Publicase con data de 10 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2023-24.

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

Alumnado de 5º e 6º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

Os vales recolleranse na Secretaría do centro en horario de 9.30 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Luns 17 de xullo. 1º e 2º de Primaria

- Martes 18 de xullo. 3º e 4º de Primaria

- Mércores 19 de xullo. 5º e 6º de Primaria

 Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día. 

Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 12 de xullo, en horario de secretaría (09:30 a 12:30). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.

Distribuir contido