REVISTA ESCOLAR

Como todos o anos, fixemos a revista escolar cos feitos, noticias e avatares da vida cotiá da escola.

Si queredes botarlle un ollo, non tedes máis que picar na revista que aparece máis abaixo.

 

 

<div data-configid="14527493/13693876" style="width:525px; height:371px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script> 

 

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, para conmemorar o Día do Libro no noso cole, imos celebrar un "Book Crossing" ou intercambio de libros

Pedimos a cada neno/a e a cada mestre /a que traia un libro que lle encantara ler e que se atope en perfecto estado para intercambialo polo dun compañeiro/a. Ademais, pedimos que o acompañe dunha foto tipo "selfie" con ese mesmo libro e debaixo da fotografía escriba o motivo polo que lle gustou tanto.

O prazo para a entrega de libros e fotos vai do 13 ao 17 de abril, ambos inclusive.

Xa subiremos fotos desta actividade.

HORTA VOZ NATURA

Con motivo do proxecto de Voz Natura de plantación dunha horta ecolóxica no noso centro, orientado a todo o alumnado do mesmo, aquí poñemos algunhas fotos do traballo que estamos a facer.  Iremos subindo máis fotos para que vexades como vai progresando esta horta. Si queres ver as fotos fai clic na imaxe.

¡¡¡¡¡ENTROIDO 2015!!!!!

¡¡¡¡¡Carnaval, carnavaaalllll!!!!! ¡¡¡Carnaval, te quierooooo!!!

Durante toda a semana estamos ultimando os detalles dos disfraces que levaremos o venres para ir ata a Plaza do Coyote.

A saída do centro para este pasarrúas será este venres ás 11 h. e estaremos de volta sobre as 12:15 h.

Á chegada ao cole disfrutaremos de postres típicos destas datas.

¡¡¡¡Mmmmmmm!!!!!!  ¡¡¡como nos vamos a poñer!!!

Os nenos/as de Ed. Infantil irán de pintores

Os de 1º ciclo van de Velázquez e das Meninas

Os de 2º ciclo van de Kandinski

E os de 3º ciclo van de Frida Khalo e de Dalí.

Velaquí tedes todas as imaxes. 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2015/16

Normativa:

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos (DOG 15 de marzo de 2013) e Corrección de erros na orde

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei 2/2006 do 3 de maio, de Educación.

- Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2015/16.

- Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2015/16.

Solicitudes e Documentación a presentar:

- Anexo II  (galego)

- Anexo II (castelán)

- Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

 

Calendario

Información relativa ao proceso de matriculación de alumnos/as para o curso 2015/16

Información relativa ao proceso de matriculación de alumnos/as para os pais

Sorteo público das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2015/2016.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 2 ao 23 de marzo de 2015, ámbolos dous inclusive.

 

A continuación, publicamos a listaxe provisional de admitidos para o vindeiro curso 2015/16 e unha folla coa información relativa a esta resolución provisional.

- Listaxe provisional de admitidos

- Información resolución provisional

A listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2015-16 é o que aparece na seguinte ligazón. Si queres botarlle un ollo, clica nela:

- Listaxe definitiva do proceso de admisión alumnado curso 2015-16

CINE DE NADAL

Ester ano, de novo, levaremos aos nosos alumnos e alumnas do cole aos cines do centro comercial Dolce Vita Odeón. O día será este venres 19 de decembro en sesión matinal (ás 10:00 h.).

As películas que veremos son as seguintes:

"Los Pingüinos de Madagascar", para os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria.

"Big Hero 6", para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria.

Recordamos desde aquí que hai que confirmar asistencia antes do día 16 de decembro. Os alumnos/as que non asistan ao cine permanecerán no centro.

Esperemos que disfruten moito das películas.

¡¡¡BO NADAL A TODOS!!!

O FOGAR DE LAPISMAN

Xa lle podedes botar unha ollada ao Blogue da Biblioteca do noso cole. Nel podedes atopar distintas actividades e traballos dos nosos alumnos e alumnas, novas, libros, novidades, o horario da mesma...

 Si queres entrar nel, fai click na imaxe.

SAÍDA EN BICI POLO CONCELLO

O venres día 21 de novembro e o martes 25 de novembro realizamos unha saída en bicicleta polo Concello de Narón coa compaña de varios pais/nais que se apuntaron á actividade, Protección Civil e da Policía Local. Foron unhas saídas moi divertidas, aínda que nos cansaron un pouco.

O venres saímos co alumnado de 3º e 4º e fumos ao Concello a visitar o Salón de Plenos. Ademais tivemos a honra de poder falar co Alcalde e facerlle moitas preguntas que nos contestou moi amablamente. 

O martes saímos co alumnado de 5º e 6º co resto de colexios do Concello, con motivo da Marcha Ciclista  Pola Igualdade. O destino foi a Praza da Gándara.

Si queres ver a fotos aquí están todiñas.

Magosto e Samaín


 

 

Esta semana celebramos no noso centro o Magosto e o Samaín cunha serie de actividades pensadas para todo o alumnado do noso cole. O día 30, como colofón, leremos contos de medo na biblioteca para todos os nenos e nenas e comeremos castañas e bolos preñados no patio, como todos os anos. Esperemos que disfruten moito.  

Para abrir boca, deixamos un enlace a unha páxina na que aparecen multitude de recursos e actividades para traballar no Samaín e no Magosto. 

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

Se queres botarlle un ollo ás fotos que fixemos pica aquí.

 

VISITA Á CASA DO MEL

O martes 21 de outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos a Casa do Mel en Goente. Aprendimos moitas cousas: como son as abellas, onde viven... Ademais, fixemos unha vela e degustamos diferentes tipos de mel. Se queres botarlle un ollo ás fotos que realizamos, preme aquí. 

Distribuir contido