Skip to Content

        

Preguntas frecuentes sobre a adaptación das medidas de prevención da COVID-19 en centros educativos

A Consellería de Educación acaba de publicar unha escolma de preguntas máis frecuentes sobre a adaptación das medidas de prevención da COVID-19 en centros educativos e que aclara moitas dúbidas. As familias que queirades consultar esas preguntas, coas súas correspondentes respostas, tedes que premer "aquí".

Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2 (COVID-19) no ámbito educativo non universitario de Galicia

Todas aquelas familias que queirades consultar o novo protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao COVID-19 no ámbito educativo, publicado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, tedes que premer "aquí".

Instrucións do novo protocolo COVID en centros educativos

Indícanse, as novas instrucións enviadas pola Consellería de Educación aos centros educativos, o día 12 de xaneiro de 2022, con respecto ao novo protocolo COVID: 

- As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

- Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

A definición de contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Os centros de educación especial considéranse contornos vulnerables e aplícaselles o indicado na Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control.

Premendo neste enlace, podedes acceder á "Adaptación de la Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2".

Premendo neste enlace, podedes acceder á "Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022".

Vídeos de Nadal

Este curso, a mestra de Educación  Musical realizou dous vídeos musicais para felicitar o Nadal co alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria como protagonistas.

Podedes ver os vídeos, copiando os seguintes enlaces e pegándoos na barra de direccións.

https://www.youtube.com/watch?v=dcVxlAOUWpQ

https://www.youtube.com/watch?v=zlmiuN8nZVw

 

 

 

Procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado

Comunicamos a todas as familias que a Consellería de Educación realizará unha achega complementaria, procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, para que os centros docentes afronten no curso 2021/22 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.

Se queredes coñecer o procedemento de solicitude e distribución de máscaras, preme "aquí". 

Importante: As familias con fillos/as que foron beneficiarios da axuda de material escolar para o curso 2021/2022 non teñen que presentar a solicitude. A aplicación xa os inclúe, directamente, na listaxe de alumnos/as con dereito a recibir máscaras.

O resto do alumnado que non foi beneficiario do material escolar por diversas circunstancias  si que debe presentar solicitude neste centro educativo. O prazo remata o 26 de novembro de 2021.

Merendas saudables- Alumnado de Educación Primaria

Para potenciar o consumo de produtos alimenticios sans e fomentar entre os nenos e nenas uns hábitos alimentarios axeitados, no CEIP Piñeiros está establecido o Plan de merendas saúdables para os alumnos/as de Educación Primaria.

Para traballar este obxectivo establecemos un menú de merendas nos recreos e que será distinto para cada día da semana. Para poder levalo a cabo rogamos a vosa colaboración e, se é posible, o correcto cumprimento do menú que é o seguinte:

LUNSO luns será o día dos cereais. Só estará permitido comer galletas (sen chocolate), cereais ou palitos.

MARTESO martes será o día do consumo de produtos lácteos. Ese día os nenos/as deberán traer queixo, iogures ou batidos.

MÉRCORES: O mércores  será o día da froita. Os alumnos/as deberán traer calquera peza de froita.

XOVES: O xoves é o día do bocadillo. Os nenos/as deberán traer un bocadillo de queixo, de xamón cocido, york, serrano, de peituga de polo ou de pavo.

VENRES: O venres será día libre. Os alumnos poderán consumir no recreo calquera dos produtos arriba mencionados neste menú.

Todos os nenos deberán traer unha botella de auga co seu nome.

Pedimos a vosa colaboración para desenvolver este plan de merendas saúdables.

Merendas saudables - Alumnado de Educación Infantil

Calendario de merendas saudables para Educación Infantil. 

 LUNS: Cereais (galletas, careais, palitos).

MARTES: Produtos lácteos (queixo, iogures, batidos).

MÉRCORES: Peza de froita.

XOVES: Bocadillo.

VENRES: Día libre.

 Os nenos/as deberán traer unha botella de auga co seu nome.

Plan de continxencia do CEIP Piñeiros - Curso 2021-2022

Se queredes consultar o Plan de continxencia do CEIP Piñeiros para o curso 2021-2022, premede "aquí".

Plan de adaptación á situación COVID - Curso 2021-2022

Se queredes consultar o Plan de adaptación á situación COVID do CEIP Piñeiros para o curso 2021-2022, premede "aquí".

Cambios de Relixión e de Valores Sociais e Cívicos e Atención Educativa

Comunicamos a todas as familias que queirades cambiar os vosos fillos/as de Relixión a Valores ou Atención Educativa ou ben de Valores e Atención Educativa a Relixión, que tedes que realizar o cambio antes do 15 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut