Skip to Content

        

Patios inclusivos

PREMIO DE BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS

O pasado 28 de novembro, no marco do Congreso Internacional sobre Boas Prácticas Inclusivas que tivo lugar en Santiago de Compostela, a Consellería de Educación concedeulle ao CEIP de Piñeiros a Mención de Honra polo traballo realizado a prol da inclusión nos últimos cursos.

Este premio é un pulo para todos nós que axudará a continuar traballando na mellora da nosa labor diaria e das prácticas, educativas e inclusivas.

Sen a implicación de TODA a comunidade educativa (alumnado, mestres/as, persoal non docente, familias, ANPA, asociacións sociais e organismos municipais) é probable que este premio non fose posible.

GRAZAS a tod@s e en especial a PILI, a nosa mestra de Audición e Linguaxe. Foi a coordinadora e o motor deste proxecto, contaxiando alegría con cada idea. Fixo que todo parecese máis sinxelo, animándonos a presentarnos a este recoñecemento público que estamos compartindo con vós.

                           

Dia Internacional das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro foi o Día Internacional da Discapacidade. Unha discapacidade é ter unha capacidade diferente, e ... Todos somos diferentes! Baixo ese lema elaborouse un cartel cos autorretratos que fixeron todos os membros desta comunidade educativa (profesorado, alumnado, persoal de comedor...). Adiviñades quen é quen?

Podedes velo proceso deste traballo pinchando aquí.

 

O SAMAÍN

No noso cole tamén celebramos o Samaín! Nos Patios Inclusivos houbo xogos terroríficos: a pesca de pantasmas feitas cun bote de iogur; elaboración de monstros senroriais con globos cheos de fariña ou arroz que había que encestar na boca dunha pantasma de cartón; o xogo da araña e como non, o xogo dos esqueletos, no que hai que andar polos aros do chan ao son da música e cando pare, facer a postura do esqueleto que che tocou.

A rapazada de 6º deleitounos cuns minutos de medo no ximnasio co Túnel do Terror.

No recreo comemos unha boliños preñados que estaban que daban medo de bos e bebimos un vaso de leite. Logo o alumnado de 5º e 6º de Primaria pintaron a pel e as unllas de todo o que quixo cunha pintura que se ilumina con luz ultravioleta.

Xa pintados, había que comprobalos resultados e bailamos todos xuntos con pouca luz para despeilo día no ximnasio.

Deixámosvos un vídeo a modo de resumo pero podedes ver máis imaxes pinchando aquí:

 


 

Patios Inclusivos

Os mércores e venres durante a hora do recreo o alumnado participa nuns xogos lúdicos e ao alcance de tod@s tales como "1, 2, 3 ... zapatiño quedo é", "A araña" e baile libre con música marchosa e ealegre que nos recarga as pilas.

Podedes as fotos a modo de resumo facendo click na seguinte imaxe:

Iniciamos os patios inclusivos

Estamos preparándonos para un novo curso cheo de xogos e diversión, se queres recordar o ben que o pasamos na festa de fin de curso pincha no vídeo.

 

Conmemoración do día mundial do autismo.

O 2 de abril conmemórase o día mundial do autismo e, no noso cole, quixemos sumarmos a esta campaña. Se queredes ver un vídeo resumo do ben que o pasamos esta semana, pincha no vídeo.

 .

PATIOS INCLUSIVOS

Este curso, o alumnado de primaria está a disfrutar de diferentes actividades no momento do recreo (mércores e venres). Estamos falando de Patios inclusivos. Se queredes ver de qué se trata, vos deixamos un vídeo.

 

Xuntos, xogando facemos equipo!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O aumnado de 1º e 2º ciclo comezou a semana celebrando o día internacional das persoas con discapacidade. Este día celébrase o 3 de decembro e o seu obxetivo e o de lograr unha sociedade cada vez máis inclusiva e accesible.  

Para iso, o primeiro que fixemos foi visualizar unha presentación nas aulas para que os nenos e nenas tomen consciencia de que todos e todas somos diferentes.

Despois, cada un dos nenos/as asumiu e púxose no lugar dunha persoa con discapacidade, desplazándose polo centro e participando nun xogo no patio.

Para finalizar, elaboramos un "monigote das cousas bonitas" por cada neno/a, donde escribiron unha cualidade positiva ou algo que lles gusta dos seus compañeiros. 

Si queredes ver as fotos, facede click aquí.

Iniciamos os patios inclusivos!

Unha proposta que iniciamos o curso pasado e coa que, en vista dos bos resultados e acollida que tivo, decidimos continuar neste curso.

Os patios inclusivos ofrecen a oportunidade de xogar e participar, de forma voluntaria, a todos os nenos e nenas da nosa escola. Porque xogar non é só un dereito, senón unha necesidade, a partir da cal experimentan, senten, descobren, expresan e aprenden sen apenas darse conta.

Cando falamos de inclusión, pensamos que se fai de forma exclusiva cos nenos e nenas con necesidades educativas especiais, pero inclusión fai referencia tamén a compartir, participar, pertencer, respetar, comprender... en definitiva, todos necesitamos estar incluídos, sentirnos parte dun lugar.

Para levar a cabo todo isto, contamos con materiais e xogos diversos, motivantes e accesibles. Pensados para que  todos os nosos nenos e nenas xoguen e se divirtan mentres aprenden. Propostas que iremos compartindo con vós ao longo do curso. Se queres ver como foi a primeira semana, preme aquí. 

Esperamos que as disfrutedes tanto coma nós.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut