Skip to Content

        

Eleccións Consello Escolar - 2024

Informamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que, ao longo do mes de novembro de 2024, todos os centros educativos de Galicia van desenvolver o proceso de elección de membros dos Consellos Escolares.

Para consultar a primeira información relacionada con este proceso, tedes que premer "aquí".

O fogar de Lapismán

 

Ola familias! 

Benvidos á páxina da biblioteca escolar do CEIP Piñeiros. Eu son Lapismán, a nosa mascota, e estou encantado de tervos aquí. 

Podedes ver tamén as nosas novidades nas redes sociais, en Instagram (pinheirosofogardelapisman) e Facebook (Pineiros Lapisman).

Xuntos imos descubrir un montón de libros interesantes e vivir moitas aventuras. Agardo que vos gusten as actividades e novidades que imos compartir! 

 

Se tedes algunha pregunta ou suxestión, non dubidedes en contárnolo.

 

Festa da escuma inicio de curso.

Queridas familias:

O pasado mércores, 18 de setembro, organizamos con gran entusiasmo a festa da escuma, un evento que marcou o inicio do novo curso escolar e unha divertida despedida do verán. Foi unha xornada especial, onde os nenos e nenas gozaron de música, xogos, e por suposto, de moita escuma!

O obxectivo desta actividade foi promover a convivencia e xerar un ambiente festivo que nos prepare para afrontar con enerxía e motivación o ano académico que comeza. Ver os sorrisos nos rostros dos nenos e nenas énchenos de satisfacción e impúlsanos a seguir organizando este tipo de eventos para fortalecer os lazos entre a nosa comunidade educativa.

Agradecemos a todos os que colaboraron na organización e participación desta gran festa, así como aos pais pola súa confianza e apoio constante.

Esperamos que este curso estea cheo de éxitos e aprendizaxes para todos!

Un cordial saúdo,

Inclúe-T

CEIP Piñeiros.

 

 

Calendario escolar. Días festivos e non lectivos. Curso 2024-2025

Segundo o establecido na Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, as actividade lectivas realizaranse dende o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos. Os períodos de vacacións e días non lectivos quedan como a continuación se indican:

 

Períodos de vacacións:

Nadal: dende o 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025 (ambos os dous inclusive).

Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

Semana Santa: dende o día 14 de abril ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

Días festivos e non lectivos:

  • 31 de outubro de 2024: día do Ensino

  • 1 de novembro de 2024: día de Todos os Santos.

  • 4 de novembro de 2024: día non lectivo elixido polos centros educativos de infantil e primaria do Concello de Narón.

  • 6 de decembro de 2024: día da Constitución.

  • 1 de maio de 2025: día da Festa do Traballo.

  • 2 de maio: día non lectivo elixido polos centros educativos de infantil e primaria do Concello de Narón.

Normas do comedor escolar

Informamos a todas as familias do alumnado que vaian facer uso do comedor escolar durante este curso 2024-2025 das segunintes normas que todo o alumnado e familias tedes que cumprir:

 

- O servizo de comedor escolar comezará a funcionar o mércores 11 de setembro de 2024.

- O horario de funcionamento e de apertura do comedor escolar é dende as 14:00 horas ata as 16:00 horas.

 

- Moi importante: Se hai alumnos/as que nalgún dos días que solicitaron o uso do comedor non poden facer uso deste servizo por non acudir ese día ao centro ou ben por outros motivos persoais, as familias tedes a

obriga de enviar un correo electrónico, antes das 9:30 horas da mañá, á dirección de correo electrónico que indicamos a continuación e no que debedes informar da ausencia do voso fillo/a ese día ao comedor escolar,

indicando o seu nome e apelidos e curso no que está escolarizado. O correo electrónico ao que debedes enviar esa información é o seguinte: comedor.ceip.pinheiros@edu.xunta.gal

 

- Para comunicar as ausencias non debedes nin chamar por teléfono ao centro nin notificalo a través do outro correo do centro. Só recolleremos as ausencias ao comedor dos vosos fillos/as a través do correo

electrónico indicado arriba.

 

- Na páxina web do CEIP Piñeiros, no apartado de comedor escolar, á esquerda da páxina, podedes consultar o menú que a empresa adxudicataria de cátering -Jardanay- elaborará ao longo deste primeiro trimestre.

 

- Moi importante: Seguindo a instrucción 2/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025, os

alumnos/as usuarios do comedor escolar que en 3 ocasións falten ao comedor sen que mediara, antes das 9:30 horas dese día, comunicación previa da súa ausencia a través do correo electrónico que indicamos, tanto

sexan usuarios pagadores como gratuítos, quedarán privados durante 10 días do uso do comedor escolar.

 

- O horario de recollida dos vosos fillos/as no comedor escolar é o seguinte:

  • 1ª quenda de recollida: ás 15:00 horas.

  • 2ª quenda de recollida: ás 15:30 horas

  • 3ª quenda de recollida: ás 15:50 horas

Días e horas das reunións de comezo de curso entre as familias e os/as titores/as.

Informamos a todas as familias do alumnado do CEIP Piñeiros dos días e das horas establecidos nos que terán lugar as reunións de comezo de curso entre as familias e os/as titores/as dos/as vosos/as fillos/. Lembramos a importancia da vosa asistencia ás devanditas reunións.

- 4º curso de Educación Infantil (3 anos): martes, 10 de setembro, ás 12:00 horas.

- 5º curso de EI (4 anos): luns, 9 de setembro, ás 12:00 horas.

- 6º curso de EI (5 anos): martes, 17 de setembro, ás 17:00 horas.

- 1º curso de Educación Primaria: luns, 9 de setembro, ás 10:00 horas.

- 2º curso de EP: martes, 17 de setembro, ás 16:00 horas.

- 3º curso de EP: luns, 9 de setembro, ás 11:30 horas.

- 4º curso de EP: luns, 9 de setembro, ás 10:00 horas.

- 5º curso de EP: martes, 10 de setembro, ás 12:00 horas.

- 6º curso de EP: martes, 10 de setembro, ás 12:00 horas.

 

Corrección de erros nas instrucións 2/2004 de comedores de xestión indirecta publicadas pola Consellería de Educación

Comunicamos a todas as familias con fillos e fillas usuarios/as do comedor escolar do CEIP Piñeiros do Concello de Narón que a Consellería de Educación enviou aos centros educativos un documento de corrección de erros nas instrucións 2/2024 de comedores de xestión indirecta.

Nesa corrección de erros se sinala que as parellas de feito, as parellas separadas e as parellas divorciadas coa guarda e custodia compartida dos seus fillos e fillas forman unha unidade familiar. Iso significa que todos aqueles pais, nais ou titores legais que se atopen en calquera desas situacións  (membro dunha parella de feito, dunha parella separada ou dunha parella divorciada coa guarda e custodia compartida dos seus fillos ou fillas) e que non incluíron os seus datos persoais no modelo de autodeclaración da solicitude de comedor, nin o asinaron, deberán acudir aos respectivos centros educativos para incluir os seus datos persoais e os datos da súa renda anual neta do IRPF correspondente ao ano 2023.

O prazo para corrixir a autodeclaración comeza o luns, 2 de setembro de 2024 e remata o venres, 6 de setembro de 2024, preferiblemente dende as 12:00 horas ata as 14:00 horas.

Lembrade que a plataforma de intermedicación de datos existente permitirá cruzar os datos de renda neta familiar per cápita autodeclarados polos suxeitos obrigados ao pagamento das tarifas de comedor escolar cos datos de renda neta familiar per cápita contidos nas correspondentes declaracións do IRPF de ditos suxeitos.

Se nese cruce de datos, a Consellería de Educación detecta que faltan os datos persoais e os datos da renda anual do IRPF correspondentes ao ano 2023 dun dos cónxuxes ou ben son erróneos e, como consecuencia, ao alumno ou á alumna non lle corresponde gratuidade no servizo de comedor, xirará liquidacións aos obrigados ao pagamento das tarifas, nas que se efectuarán correccións dos importes a aboar.

Para consultar as instrucións 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025, preme "aquí".

Para consultar o documento sobre a corrección de erros nas instruccións sinaladas no parágrafo de arriba, preme "aquí".

 

Contacto co CEIP Piñeiros.

Informamos a todas aquelas familias que necesitedes contactar co CEIP Piñeiros ao longo deste verán, para solventar dúbidas ou solicitar algunha xestión, que debedes enviar un correo ao correo electrónico do centro, explicando o voso motivo e, o máis axiña posible, poñerémonos en contacto con vós.

Correo electrónico do CEIP Piñeiros: ceip.pinheiros@edu.xunta.gal

Listado de material escolar para o curso 2024-2025

Material escolar 1º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Material escolar 2º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Material escolar 3º e 4º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Material escolar 5º e 6º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Vales para a adquisición de material escolar e de libros de texto

Informamos a todas as familias do alumnado que, no vindeiro ano académico, estará matriculado en calquer curso de Educación Primaria que xa podedes achegarvos pola secretaría do centro a retirar os vales para a aquisición de material escolar, así como os vales para a adquisición dos libros de texto para o alumnado que estará escolarizado no vindeiro curso 2024/2025 en 1º e 2º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut