SAÍDA BICIS 2º CICLO, LIMPEZA PRAIA DONIÑOS E ATLETISMO 5º

Si queres ver as fotos da saída que fixemos os nenos/as de 2º ciclo en bicicleta, fai click aquí.

 

Si queres ver as fotos da saída que fixemos todo o cole á Praia de Doniños fai click aquí.

 

Si queres ver as fotos da saída do alumnado de 5º a Atletismo fai click aquí.

 

MAGOSTO E SAMAÍN

O pasado venres 27 de outubro celebramos O Magosto e o Samaín no noso cole. Pasámolo DE MEDO!!!

Houbo castañas e bolos preñados. Puxémonos as botas.

Ademais, tamén foi a entrega de premios do concurso de debuxos e relatos de medo. Foi toda unha experiencia escoitar as fantásticas historias que saíron das cabeciñas dos nosos nenos e nenas.

Noraboa aos premiados e premiadas!!!

Si queres ver as fotos fai click aquí ou na foto

BREVE RESUMO DAS NORMAS

Para ver as normas que as familias e o alumnado do CEIP Piñeiros deberíades cumprir preme aquí.

Alerta Escolar

Comunicamos a todas as familias que o CEIP Piñeiros está adscrito ao programa Alerta escolar. Trátase dun programa coordinado pola Consellería de Educación, pola de Sanidade, polo SERGAS e pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co obxectivo de facilitar a atención inmediata e eficiente dos nenos e das nenas escolarizados que teñen unha patoloxía crónica e que poidan desenvolver en calquera momento unha crise. Este programa de Alerta escolar abarca:

- Nenos que poidan sufrir crises alérxicas por produtos alimentarios

- Nenos/as que corran o risco de padecer crises epilépticas.

- Nenos/as diabéticos.

 Se algún dos vosos fillos/as entra en calquera dos tres grupos mencionados, deberíades adscribilo ao programa Alerta Escolar, poñéndoos en contacto coa directora deste centro, o antes posible, para iniciar os trámites necesarios.

Axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2017-2018

Para comprobar que alumnos/as teñen dereito a recibir estas axudas, preme aquí.

Toda a información está recollida na "Resolución de 3 de agosto de 2017, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2017-2018".

Calendario de reunións entre os/as pais/nais e os/as titores/as

Para consultar o calendario de reunións entre os pais/nais e os/as titores/as que terán lugar ao comezo do curso 2017/2018 preme aquí.

Horario para o luns 11 de setembro de 2018

Comunicamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que o horario para o luns 11 de setembro de 2018 será dende as 10:00 ata as 12:00 horas.

Alumnado admitido definitivamente no fondo solidario de libros de texto 2017-2018

Se queres ver a relación de alumnado admitido definitivamente no fondo solidario de libros de texto preme aquí.

Libros de relixión para Educación Infantil

Se queres ver a relación de libros de texto de relixión de Educación Infantil para o curso 2017-2018, preme aquí.

Libros de texto 2017-2018

Se queres ver a relación de libros de texto para o curso 2017-2018, preme aquí.

Distribuir contido