Skip to Content

        

Comedor escolar

Informamos a todas as familias do CEIP Piñeiros do Concello de Narón, que dende o 19 de xuño de 2024 e ata o 27 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar praza de comedor escolar para o vindeiro curso 2024-2025.

Para descargar o documento informativo, preme "aquí".

Para descargar a solicitude, preme "aquí".

Para descargar o impreso de autodeclaración, preme "aquí".

Para consultar as instrucións publicadas pola Consellería, preme "aquí"

Festival de fin de curso!

Aquí están os vídeos do festival de final de curso que tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón o pasado luns 17 de xuño!

              

Revista Escolar 2023-24

 

Xa temos a revista escolar deste curso!

 

Se queredes vela facede click na imaxe!

 

Relación de libros de texto para o curso 2024-2025

Informamos ás familias do alumnado do CEIP Piñeiros que xa podedes consultar a relación de libros de texto que o alumnado de Educación Primaria empregará no vindeiro curso académico 2024-2025. Para consultar esa relación de libros de texto, tedes que premer "aquí".

Aquelas familias que non solicitáchedes as axudas para a adquisición de libros de texto ou para participar no fondo solidario de libros de texto ou ben non vos corresponden esas axudas tedes que adquirir os libros de texto relacionados na listaxe publicada.

Prazos establecidos polo CEIP Piñeiros ao longo do desenvolvemento da convocatoria do fondo solidario de libros de texto. Curso 2024-2025.

Para consultar os prazos establecidos polo CEIP Piñeiros ao longo do desenvolvemento da convocatoria do fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-2025, preme "aquí".

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar e para participar no fondo solidario de libros de texto - Curso 2024-2025

Comunicamos a todas as familias que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e para participar no fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-2025.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 21 de xuño de 2024.

Se queredes consultar a orde, tedes que premer "aquí".

Se queredes descargar o formulario, tedes que premer "aquí".

Se queredes consultar as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, debedes premer "aquí".

Se queredes consultar un resumo da orde e das instrucións, tedes que premer "aquí".

Para consultar o horario de atención e recollida da documentación, tedes que premer "aquí"

OLIMPIADAS ESCOLARES EDUCACIÓN VIAL

Como cada ano, o Equipo de Educación Vial do Concello de Narón organizou as Olimpiadas Escolares de Ed. Vial para os escolares dos centros de Narón matriculados en 5º de primaria. Estas Olimpiadas consisten nunha batería de preguntas relacionadas con contidos de Educación Vial, realizadas pola plataforma Kahoot, e unha gymkana de bicicletas na que participaba todo o alumnado de 5º.

O noso cole resultou gañador nestas Olimpiadas e clasificouse para as Olimpiadas a Nivel Nacional, na que viñeron varios centros de varios puntos de España, como Navarra, Madrid ou Viveiro. Aquí houbo probas, aparte da batería de preguntas, de exposición dunha maqueta de Ed. Vial con material reciclcado, unha proba audiovisual e unha proba dunha palabra agochada. Neste caso, o noso colexio quedou nunha máis que meritoria 2ª posición. 

Noraboa á rapazada de 5º!!!

Si queredes ver as fotos, facede click aquí ou na imaxe.

TORNEOS XOGADE INTERCOMARCAL E PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

O noso cole participou durante o 2º e 3º trimestre nunha competición de tenis de mesa organizada por XOGADE. Participamos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria, primeiro a nivel intercomarcal, acadando o 1º posto tanto en categoría benxamín mixto como un equipo en categoría alevín masculino. Todos os equipos fixérono xenial e competiron moi ben cos colexios de Ayala, Ares, San Xoán e Teixeiro.

Estes dous equipos gañadores clasificáronse para a fase provincial en Zas, conseguindo os benxamíns quedar en 3º posto e os alevíns en 2º posto.

Noraboa!!! 

Si queredes ver as fotos, facede click aquí ou na imaxe.

Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025

Comunicamos a todas as familias que xa está publicada a Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025. 

O prazo para solicitar estas axudas comeza o 30 de abril de 2024 e remata o 13 de setembro de 2024.

Se queredes consultar a resolución tedes que premer "aquí".

Servizo de madrugadores no cole!

          

   

 

Se queres ver o vídeo fai click aquí

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut