Skip to Content

        

Reunións de inicio de curso entre as familias e os/as respectivos/as titores/as

Informamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que as reunións de principio de curso entre as familias e os titores/as son as que se indican a continuación:

Educación Infantil: 

- 4º curso de Educación Infantil (3 anos): martes, 12 de setembro de 2023, ás 16:00 horas.

- 5º curso de Educación Infantil (4 anos): martes, 12 de setembro de 2023, ás 16:00 horas.

- 6º curso de Educación Infantil (5 anos): martes, 12 de setembro de 2023, ás 16:00 horas.

 

Educación Primaria: 

- 1º curso de Educación Primaria: martes, 12 de setembro de 2023, ás 17:00 horas.

- 2º curso de Educación Primaria: xoves, 7 de setembro de 2023, ás 10:00 horas.

- 3º curso de Educación Primaria: martes, 12 de setembro de 2023, ás 17:00 horas.

- 4º curso de Educación Primaria: venres, 8 de setembro de 2023, ás 11:00 horas.

- 5º curso de Educación Primaria: martes, 12 de setembro de 2023, ás 16:00 horas.

- 6º curso de Educación Primaria: martes, 12 de setembro de 2023, ás 16:00 horas.

 

Rogamos asistencia.

 

 

 

Comedor escolar: instrucións e documentación

Comunicamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que no vindeiro curso 2023-2024 comezará a funcionar o servizo de comedor escolar xestionado pola Consellería de Educación. O número de prazos adxudicadas é de 60.

Nos seguintes enlaces podedes descargar a folla informativa, a solicitude e a autodeclaración, así como as instrucións que a Consellería de Educación enviou aos centros educativos.

Circular informativa

Solicitude

Autodeclaración

Instrucións enviadas pola Consellería de Educación

Ademais, aos efectos de facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha claculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. O acceso á calculadora está dispoñible a través do link: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

 

PRAZOS ESTABLECIDOS POLO CEIP PIÑEIROS AO LONGO DO DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

Os prazos establecidos polo CEIP piñeiros do Concello de Narón na xestión das axudas do fondo solidario de libros de texto, na adquisiciòn de libros de texto e de material escolar son os que se indican a continuación:

  • 21 de xuño de 2023: remata o prazo de presentación de solicitudes.

  • Do 15 de xuño ao 21 de xuño de 2023: devolución dos libros de texto por parte das familias (cursos 3º e 4º de Educación Primaria).

  • 4 de xullo de 2023: publicación das listaxes provisionais das axudas de libros de texto e de material escolar.

  • 5 e 6 de xullo de 2023: reclamación ás listaxes provisionais das axudas de libros de texto e de material escolar.

  • 11 de xullo de 2023publicación das listaxes definitivas das axudas de libros de texto e de material escolar.

A entrega dos lotes de libros no centro efectuarase no mes de setembro.

Novo horario de atención do CEIP Piñeiros durante a 1º quincena do mes de xullo

Comunicamos a todas as familias do alumnado do CEIP Piñeiros do Concello de Narón que o horario de atención as familias, dende o 3 de xullo e ata o 14 de xullo de 2023, será dende as 9:00 ata as 13:00 horas.

Revista Escolar (2022-2023)

 

Xa está recén saída do forno a revista escolar deste curso!

Se queredes vela facede click aquí!

         

PROGRAMA DE RADIO

O alumnado de 5º de primaria acaba de elaborar un programa de radio acerca do uso das novas tecnoloxías. Si queredes escoitalo, facede click aquí. 

Relación de libros de texto para o curso 2023-2024

Publícase a listaxe de libros de texto que o alumnado de todos os cursos de Educación Primaria empregarán no vindeiro ano académico 2023-2024. Para consultar a listaxe, preme "aquí".

O que a mentira levou. Compañía de Ópera Yunadachis!

Chegou o día...

O pasado mércores 31 de maio a Compañía de Ópera Yunadachis, formada polo alumnado de sexto, representou no Pazo da Cultura de Narón a súa ópera “O que a mentira levou”.

O cole ao completo, familias e o CEIP de Esteiro puideron comprobar o traballazo que realizaron para crear esta ópera dende cero!

Un gran día, cargado de grandes emocións e alegrías! Fixérono espectacular.

Noraboa rapazada!!!

 

Se queres ver o vídeo do ensaio xeral fai click aquí

Se queres ver o vídeo – resumo que crearon os documentalistas fai click aquí

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar e para participar no fondo solidario de libros de texto - Curso 2023-2024

Comunicamos a todas as familias que o venres, 19 de maio de 2023, publicouse no DOG a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primari, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 21 de xuño de 2023.

Se queredes consultar a Orde que regula estas axudas, premede "aquí".

 

Se queredes descargar a solicitude, tedes que premer "aquí".

Se queredes consultar as instrucións publicadas pola Consellería de Educación, premede "aquí".

 

Para consultar un resumo da Orde do 10 de maio de 2023, elaborado pola dirección do centro, debedes premer "aquí".

Para coñecer o horario de recollida no centro das solicitudes, premede "aquí".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut