Skip to Content

        

Procedemento de reclamación e revisión das cualificacións finais e procedemento de reclamación sobre a decisión de promoción

Considerando que os centros educativos debemos establecer garantías para unha avaliación do alumnado conforme criterios obxectivos, así como o procedemento de reclamación das cualificacións, promoción e titulación, o claustro do CEIP Piñeiros do Concello de Narón aprobou, con data do 1 de xuño de 2021, os procedementos necesarios para realizar a reclamación e revisión das cualificacións finais, así como a reclamación sobre a decisión de promoción por parte das familias, seguindo o protocolo marcados na lexilación educativa vixente, entre a que se atopan a Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promocións e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, así como na Circular 2/2021 pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021.

Para coñecer os procedemento de reclamación e revisión das cualificacións finais, así como o procedemento de reclamación sobre a decisión de promoción, preme "aquí".

Para coñecer o protocolo de revisión e entrega de exames, preme "aquí".

 

Instrucións axudas libros de texto e material escolar

Comunicamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que xa saiu publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,e ducación secundaria obrigatoria e educación especial.

Para consultar as instrucións preme "aquí"

Para consultar a Orde do 6 de maio de 2021, preme "aquí".

1ª edición do concurso fotográfico "Coñece o teu Concello"

Aproveitando a proximidade do día das Letras Galegas, no CEIP Piñeiros acaba de organizarse a 1º edición do concurso  fotográfico "Coñece o teu Concello" no que pode participar todo o alumnado deste centro.

Os alumnos participantes deberán traer fotografías do Concello de Narón relacionadas coa súa paisaxe, monumentos, arte, arquitectura, xentes, tradicións, etc.

Cada fotografía deberá estar acompañada dunha lenda ou dun texto breve que explique a imaxe.

O prazo de entrega abrangue dende o vindeiro luns, 3 de maio ata o xoves, 13 de maio.

Se é posible, o tamaño da fotografía deberá ser de 13x18 cms. O alumnado poderá traela xa impresa ou ben nun pen drive.

Os premios dividiranse en 4 categorías:

- Narón Natural,

- Narón Urbano,

- Recunchos por descubrir e

- Xentes de Narón.

Cada gañador recibirá un vale de 20€ para gastar na Librería Galicia.

As fotografías publicaranse na páxina web do colexio.

Dende o centro queremos animar a que o noso alumnado participe nesta 1ª edición do concurso fotográfico.

Si queredes ver as fotografías que participan neste concurso fai click neste enlace ou fai click na foto.


DÍA DO LIBRO 2021

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil de Piñeiros, celebran o Día do Libro creando o seu propio libro titulado Rescate en el mar.

Para ver o vídeo, preme aquí.

Servizo de madrugadores

Comunicamos a todas as familias que, no vindeiro curso, poñerase en marcha, no CEIP Piñeiros, o servizo de madrugadores para o alumnado de todos os cursos, sempre e cando a evolución da pandemia o permita. A empresa contratada é Gazapo. Comezará a funcionar ás 7:30 horas e rematará ás 9:00 horas. O servizo de madrugadores realizarase nalgún espazo do centro, posiblemente nunha aula. As familias poderedes optar polo servizo de madrugadores con almorzo ou polo servizo de madrugadores sen almorzo. O custo aproximado será duns 30 euros ao mes. A ANPA "As Aceas" será a encargada da súa xestión coa axuda da dirección deste centro. Moi probablemente, no mes de xuño enviarásevos en papel, unha notificación sobre a posta en funcionamento deste servizo así como o formulario  de solicitude/compromiso deste servizo. Se hai familias que estades interesadas en facer uso deste servizo, podedes comunicalo na conserxería do centro co obxectivo de empezar a coñecer o número de usuarios que farán uso del.

Información sobre o proceso de admisión- Curso 2021-2022

A piques de comezar o proceso de admisión para o curso 2021-2022, informamos que o prazo para entregar as solicitudes de admisión comeza o luns, 1 de marzo de 2021, e remata o luns, 22 de marzo de 2021.

Nos seguines enlaces podedes acceder á información relativa ao proceso de admisión.

Segundo a Consellería de Educación vaia facilitando novas instrucións ou máis información aos centros, serán publicadas nesta páxina.

Para acceder ao calendario de desenvolvemento do proceso de admisión, preme "aquí".

Para coñecer a normativa de aplicación e a documentación a aportar no momento de solicitar praza, preme "aquí".

Para máis información xeral, preme "aquí".

ENTROIDO 2021: A MECA

¡¡¡XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!!

E  a Meca cos deus "mandados".

MECA 2021

Luns:

Para un bo disfrace preparar,

pola cabeza tes que empezar!

Martes:

A parte de arriba imos rematando

se o pescozo vimos tapando!

Mércores:

Con algo posto na cintura,

virás feito unha fermosura!

Xoves:

Cubertos os pés,

o disfrace xa o tes!

Venres:

Agora pono todo xunto

e terás o disfrace a punto!

Si queres ver o enlace, fai click no arquivo adxunto.

pdf 

Si queres ver as fotos do Entroido fai click aquí.

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, dende o Ceip Piñeiros preparamos un vídeo moi especial. Esperamos que vos guste.

 

Para ver o vídeo, preme aquí.

Cantiga: Fronteiras, Guadi Galego.

 

No hay camino para la paz, la paz es el camino.

Mahatma Gandhi

 

VÍDEOS NADAL

Finaliza o primeiro trimestre. Un trimestre diferente, no que nos tivemos que adaptar, ser mais fortes e aceptar novos retos.

Agora chegan as esperadas vacacións de Nadal e non queremos despedir este ano 2020 sen a nosa felicitación. Vos deixamos uns vídeos que preparamos con moita ilusión. 

 

Educación Infantil. Preme aquí.

Infantil 5 anos. Preme aquí

Primeiro. Preme aquí

Segundo. Preme aquí

Terceiro. Preme aquí

Cuarto. Preme aquí

Quinto. Preme aquí

Sexto. Preme aquí

Desexarvos a todos un feliz Nadal e que sobre todo...Non perdades o soriso xa que pronto volveremos a abrazarnos!

Día Internacional da Infancia

O alumnado de 1º de Educación Primaria estivo traballando sobre os dereitos que teñen os nenos e nenas, e que mellor que o Día Internacional da Infancia para recordárnolos. Podedes velo vídeo premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut