Skip to Content

VISITA DO PINTOR JOSÉ ANTONIO PORRO

O pintor José Antonio Porro  presentounos no colexio o seu libro “Las aventuras de Mukina y la familia Pinturera”", un divertido método para aprender a pintar. Mukina está dirixido a nenos de 5 a 10 anos con ganas de pintar e debuxar pero, como di o seu autor,  vale para todas as idades. Permite aprender o manexo das pinturas, pinceis, e demais ferramentas de pintura a medida que se avanza na lectura da historia das aventuras de Mukina.

 

Mukina,  a súa gata Michi e o seu maletín de pintura son inseparables e viven todo tipo de aventuras. Coa axuda da Familia Pinturera : Don Pincel, Dona Paleta, Tía Espátula e o resto, que se atopa no maletín, Mukina aprende a pintar. O autor do método é o artista José Antonio Porro, creador da Aula de Pintura GALIART. José Antonio Porro naceu en Marruecos pero está moi unido a Galicia posto que a súa familia é galega. Na visita ao noso cole adiantounos que moi pronto Mukina viaxará a África para vivir novas aventura.

 



CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

blog | by Dr. Radut