Skip to Content

Proxecto de vida activa e deportiva

Educación Física e Saúde Mental

Educación Física e Saúde Mental

BIBLIOTECA CREATIVA

Na clase de psicomotricidade todos os materiais son ben recibidos, cos libros descatalogados da biblioteca desenvolvemos multitude de actividades a vez que traballamos a coordinación, o tono muscular, o equilibrio, traballo en equipo ... 

Nesta actividade tiñan que transportar os 8 libros dun ladrillo ao outro sin saír do aro e sin que se cairan ao apilalos no outro ladrillo.

 

Carreira campo a través 2023

O pasado 9 de novembro participamos dende 2º a 6º de primaria, na carreira campo a través celebrada en Zamáns. A chuvia deunos un descanso e puidemos gozar dun día soleado practicando deporte en contacto ca natureza! Tódos rematamos os nosos percorridos, acadaronse grandes resultados e o máis importante. Pasámolo xenial!

 

Coñece o meu club! Tenis de mesa co club Always TM!

Actividade de promoción de tenis de mesa co alumnado de 2º a 6º con actividades con globos, actividade de velocidade de reacción con luces, xogos na mesa de tenis...Pasámolo xenial! 

A VENDIMIA!!!

NAS CLASES DE 5 ANOS COMEZAMOS O CURSO APRENDENDO UN POUQUIÑO DAS TAREFAS DA VENDIMA, QUE ATA FAI NON MOITOS ANOS TIÑA GRAN RELEVANCIA PARA AS FAMILIAS DO NOSO CONCELLO.
 

MERENDAMOS FROITA NO MONTE DA FAQUIÑA

O ALUMNADO DE 5 ANOS A FIXO NESTE CURSO VARIAS SAÍDAS AO MONTE A XOGAR E TOMAR AS SÚAS MERENDAS SAUDABLES, NO QUE O QUE PREDOMINA É A FROITA FRESCA.

 

COÑECEMOS O NOSO MONTE

O ALUMNADO DE 5 ANOS A NESTE CURSO ESTIVO A FACER UN MINUCIOSO ESTUDO, FÍSICO E POLÍTICO DO NOSO CONCELLO, MOS.

AQUÍ PODEMOS VER AO ALUMNADO VISITANDO O MONTE PARA OBSERVAR E RECOLLER MOSTRAS DA VEXETAIS PARA A PARTE DA FLORA.

 

Brain Breaks

Para aqueles grupos que teñen dúas sesións seguidas na aula de inglés, facemos BRAIN BREAKS para cambiar de actividade e reactivar a súa atención ao tempo que o movemento lles permite estirar e desentumecer os seus músculos pois aula conta cun espacio reducido.

MATEMÁTICAS EN MOVEMENTO

 

O alumnado de 4 anos B traballando as matemáticas a par que o equilibrio e a motricidade fina.

Pasámolo xenial!!

CÓMIC: PROMOVENDO UNHA VIDA SAUDABLE 4º

O alumnado de 4º creou un cómic para promover unha vida saudable sendo eles e elas mesmas as protagonistas da historia. Os capítulos se relacionan coa alimentación, o exercicio físico, a hixiene corporal, a saúde mental e a importancia das revisións médicas. 

Podedes desfrutar do cómic no seguinte enlace: Preme aquí 

5ºA en movemento

Ao longo deste curso o alumnado de 5ºA realizou diferentes actividades en movemento, favorecendo así a actividade física e deportiva. Grazas a estas actividades traballamos contidos curriculares de forma activa e alegre, observando que o movemento, aprendizaxe e diversión van unidas da man. Algunhas das propostas que realizamos ao longo do curso están reflexadas no seguinte video como por exemplo "O pañuelo matemático", "Ditados en movemento", o xogo das sillas musicais para analizar palabras, etc.

 

Diseño de Nerea

PROXECTO CIRCO

Os dous grupos de cuarto de infantil unímonos para montar un espectáculo de circo e gravalo en vídeo

 . Pasámolo fenomenal!

       

Xogamos ao Twister

Na clase de 4 anos A tamén nos movemos!

Traballamos a coordinación e o equilibrio a través deste Twister tan artístico.

Busca do tesouro

Nas aulas de 4 anos realizamos unha busca do tesouro con pistas escondidas por todo o cole. 

Así, seguindo as cores do arco da vella atopámonos cun gran tesouro!

Distribuir contido


by Dr. Radut