Skip to Content

FROITA

FESTA DE FIN DE CURSO

Este fin de curso foi un pouquiño diferente, pois fíxose a festa conxunta, organizada en colaboración coa ANPA. Invitáronse as familias e con unha merenda a base de froita e bocadillos, tendo en conta todas as intolerancias e alerxias, xuntos, despedimos o curso académico 2023/2024.

REVISTA ESCOLAR

Na revista escolar este curso intentouse facer un resumo das actividades levadas a cabo en cada estación

.

 

FROITAS AO ESTILO POP ART

Na clase de terceiro eleximos cada un a nosa froita favorita e creamos un debuxo con estilo Pop Art. O fixemos con rotuladores e moitas cores. O obxectivo é que chame a atención e desperte o noso interese por probar as froitas.

 

 

CONVIVENCIA ESCOLA INFANTIL COTO TORRÓN

O alumnado de 4º de EI mantivo unha xornada de convivencia co alumnado da Escola Infantil Coto Torrón. Onde se fixeron distintas actividades e se compartiu unha merenda de froita.

NA PROCURA DAS ÁRBORES FROITEIRAS

O alumnado de Educación Infantil na clase de psicomotricidade visitou a horta e percorreu o recinto escolar na procura da árbores froiteira. E despois de tanto camiñar saboreamos unhas deliciosas ameixas dunha das nosas ameixeiras. 

 
 

MACEDONIA DE FROITA

Na clase de 2ºB o alumnado fixo unha saborosa macedonia de froita fresca.

MERCADO NA CLASE DE 2ºB

Oalumnado de segundo convertiu a clase nun mercado de froita. Que xeito máis motivador de prepararse para a vida e aprender matemáticas.

 

COIDAMOS O PLANETA

Facendo psicomotricidade decatámonos que algún despistsdo deixara lixo no patio e como somos moi responsables co planeta, revisamos espazos comúns, na procura de máis despistes.

MERENDAS SAUDABLES

A hora da merenda é un momento moi importante dentro do noso horario.

     

APRENDENDO SAUDABLEMENTE!!

O alumnado de 5 anos B, fai multitude de actividades, desenvolvendo a súa memoria, comprensión lóxico-matemática, linguaxe .... a vez que aprende a importancia dunha alimentación saudable.

TODO SAUDABLE

A clase de 5 anos B, aprende dun xeito moi saudable.

APRENDENDO CON FROITOS

O alumnado de 4 anos B aprende e disfruta, nas xornadas escolares, manipulando e degustando produtos frescos.

 

 

MURAL FROITEIRO

O alumnado de 5º de Primaria elaborou un mural sobre as propiedades beneficiosas e información básica de distintos tipos de froitas.

 

A NOSA FROITA FAVORITA

O alumnado de 5º de Primaria fixeron unha investigación na rede sobre a súa froita favorita.
Buscaron o lugar de procedencia, as propiedades beneficiosas para a saúde e unha receita saudable, acompañandoo todo cunhas fotografías.
A información a plasmaron nun traballo no procesador de texto onde tiñan que utilizar distintos tipos de letra, insertar fotografías e gardar o traballo.
Logo o expuxeron a toda a clase na pantalla dixital.

        

 
 

REMATAMOS 4º

Este ano despedimos o curso cunha súper merenda. Entre todo o alumnado decidimos traer de casa a merenda o máis saudable posible. Aproveitando que os nosos pais, nais, avós, avoas, entre outros, podían axudarnos, preparamos un picoteo e deliciosas sobremesas caseiras, colaborando xuntos. Tamén nos animamos a traer algo de froita! Pasámolo xenial e case non sobrou nada! Démonos conta que podemos comer mellor e de forma máis saudable!

 

 

         

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut