Skip to Content

Localización

Localización do centro

 

CEIP Plurilingüe Pena de Francia       

Estrada de Puxeiros-Mos, 51.  36.416 Mos 

Tfno. secretaría: 886 110 323

Tfno. dirección: 886 110 344

Tfno. xefatura: 886 110 343

Tfno. orientación: 886 110 345

web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippenafrancia/

e-mail:ceip.pena.francia@edu.xunta.gal

 

 

Se vés dende Vigo pola autovía

Se vés dende Vigo pola autovía A-55 tes que chegar ata o alto de Puxeiros e tomar a saída 662. Pasas por debaixo da mesma autovía e chegas a unha pequena rotonda . Tomas dirección Puxeiros, acabas de entrar no concello de Mos. Chegas a outra pequena rotonda, pero segue adiante, de frente, baixando e pasando sobre tres pasos de peóns elevados . Agora estarás na terceira rotonda ; xiras, se podes, e tomas a estrada que indica: Tameiga, Dornelas, Torroso, Mos. Baixando por esta estrada atoparás á dereita a oficina da policía local, máis adiante á esquerda a fábrica de Copo Ibérica, un pouco máis adiante, á dereita os almacéns de Transportes Souto, e despois de percorrer exactamente 1 Km. e 200 m. desde a 3ª rotonda, a oval, chegas á 4º rotonda, esta é a nosa. Aí está o colexio, que podes ver na seguinte imaxe do Google maps.

 

 Se vés dende Porriño

Cando vés dende Ourense, Tui ou Porriño, con dirección Vigo, pola autovía A-55, tes que coller a saída 659. Sigues de frente pola Rúa Rans durante 500 metros. Chegas a un cruzamento e colles á dereita pola chamada Estrada da Vía, agora percorres por 1 Km e 900 m. en sentido ascendente. Se o fixeches ben tes que atoparte na rotonda do colexio que podes ver no Google Maps . Sobes una pequena costiña e xa estás no colexio.  


Se vés dende Pontevedra pola autopista

Se vés dende Santiago, Pontevedra ou Vigo pola autoestrada telo bastante fácil. Debes coller a saída 157 que indica Aeroporto, Redondela, Puxeiros, Mos. Segues dirección Aeroporto-Redondela. A uns douscentos metros chegas á rotonda do aeroporto, pero segues de fronte pola estrada da dereita ata un stop. Paras no stop e colles á dereita. Se seguiches ben as instrucións estás xunto a un almacén de materiais de contrucción. Percorres uns 100 metros e xiras á esquerda. Fáltan ainda uns 1.500 metros. Segues esta estrada, pasas un paso de peóns elevado, pequena rotonda e un paso de peóns elevado. Segues baixando e chegas a outra pequena rotonda.Sobes pola dereita e estás no colexio.   

 


Distribuir contido


by Dr. Radut