A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP Plurilingüe Pena de Francia é unha entidade sen ánimo de lucro composta por nais e pais que teñen fillos/as matriculados/as no centro educativo, e que adican o seu tempo á asociación de forma altruísta.
Ten como fin asistir ás familias, xestionar o servizo da aula madruga e do comedor, as actividades extraescolares, facilitar a representación das nais/pais dos alumnos/as no consello Escolar do Centro, organizar outras actividades,...
XUNTA DIRECTIVA
- PRESIDENTA: Lourdes Rodríguez Davila
- VICEPRESIDENTE: Pablo Coria Sangiao
- SECRETARIA: Rosa Ana Navarro Rodríguez
- TESOUREIRA: María José Ramos Pérez
- VOGAIS:
- Carlos Manuel Blanco Fernández
- Silvia Lorenzo Troncoso
- Lluvia María Montero Para
- Miriam Rodriguez Lago
CONTACTO
Lembramos que se pode contactar coa xunta directiva da ANPA a través de:
- Móbil: 638 049227 (de luns a venres).
- Buzón de suxestións situado no patio cuberto.
- Mediante o seu correo electrónico: anpapenadefrancia@gmail.com
Coa túa colaboración poderemos mellorar o contorno no que os nosos fillos/as se están a formar cara o futuro non só no senso académico senón tamén como persoas.