Skip to Content

Blogues

Creando historias con Aprendizaxe Cooperativa

Un bosque con centos de historias" este é o fio condutor que dende a Biblioteca lle propuxemos ao profesorado e alumnado para que creasen unha historia; como o  bosque  é o lugar onde se desenvolven moitos  libros, pensamos que era unha boa forma de comezar a traballar o noso proxecto documental. 

Dende hai anos o noso colexio traballa con Aprendizaxe Cooperativa e pareceunos interesante que esta actividade fose realizada por equipos de traballo, xa que a expresión escrita en xeral cóstalle un pouco máis, pero ao traballala xuntos xurxen máis ideas  e logran participan todos por igual.

Asi se lle entregou unha silueta dunha folla a todos os equipos de cada clase, se lles dixo que tiña que desenrolarse nun bosque, comenzaron  traballar mediante a estrutura do Folio Xiratorio, logrando crear unhas historias ben bonitas e moitas delas de medo. En Educación Infantil as historias foron creadas na Asamblea. 

Agora estas creacións están  expostas  nun gran mural na entrada da Biblioteca, que representan dúas árbores cas súas particulares follas.

SAÍDA A NATURNOVA

Os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria fomos de visita a Naturnova, un Centro Interactivo de Educación Ambiental. O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos arrodea e a difusión da súa importancia, co fin de que aprendamos a valoralo, respectalo e querelo. Nadie quere aquilo que descoñece.

Durante a visita tivemos dúas actividades: por un lado, unha actividade de arte que rematou coa visita da "Exposción de arte, tradición, cambio e innovación". Por outro lado, percorrimos a sala do Universo, na que nos explicaron as fases da lúa, os movementos da Terra, o Sistema Solar..., sen esquecer a viaxe que fixemos no submarino pola ría de Vigo. Sempre acompañados de Pintafontes, a mascota do museo.

Ao estar nun museo as fotos que nos permitiron sacar foron moi pouquiñas, pero as xustas para que vexades que impresionante e interesante foi a saída!

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS (23 DE NOVEMBRO)

O día dos bosques autóctonos xurde como unha iniciativa de diversas ONGs españolas e que se ven celebrando dende fai máis de dez anos.

O equipo de Dinamización Linguística publicou no seu blogue máis información sobre esta inciativa e unha curtametraxe moi interesante. Clicade na seguinte imaxe e levaravos a ela.

 

 

BAILE DAS BUXAINAS

Un grupo de pais e nais compartiron no colexio unha exhibición de bailes de buxainas con profes e alumnado.

  

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

FESTEXAMOS O MAGOSTO

O martes 10 de novembro festexamos o Magosto no colexio.

 

Todo comezou coa aparición de Casilda e Hermenexilda, que vos pedían colaboración para converter o cole nunha galería de arte chea de natureza.

Con todo o material listo, xa estabamos preparados para dar comezo a celebración. Primeiro observamos como se prendían dúas fogueiras para, posteriormente, bailar arredor delas.

Despois elaboramos as nosas obras de arte cos elementos da natureza recollidos e, finalmente, degustamos as castañas que, como todos os anos, Juan nos asou con moito agarimo.

 

Deixámosvos fotos na GALERÍA da páxina web e un pequeno vídeo cos mellores momentos dese día. 

Esperamos que vos guste!

 

 

NORABOA POLO GRAN TRABALLO!

QUE GRATA NOVA!

O noso compañeiro Arturo Rodríguez Rivera gañou o primeiro premio no "Concurso mascota para o Club de Balonmán Porriño".

Dende o colexio felicitámolo pola súa gran labor.

 NORABOA!

VISITA DUNHA CIENTÍFICA DO CSIC

Esta semana o alumnado de 5º e 6º recibimos a visita dunha bióloga marina do CSIC, que dun xeito lúdico e moi didáctico amosounos aspectos moi interesantes sobre o mar e os seus habitantes: os peixes, as diferentes formas de pescalos, a forma de calcular a cantidade que se pode pescar para evitar a sobreexplotación,  onde viven, que comen , como se reproducen, a importancia de manter o equilibrio no ecosistema… e explicounos tamén o traballo que eles como científicos marinos desempeñan.

     MOITAS GRAZAS A MIMA POLO SEU TEMPO E POLA PACIENCIA AMOSADA!!!

 

 

SAÍDA AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O pasado mércores 21 de outubro as nenas e nenos de 6º visitamos o Centro de Investigación Forestal de Lourizán situado na locaclidade de Marín. Foi creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto. 

Destacar o valor científico, constituíndo un banco de probas para testa-la adaptación ás nosas condicións climáticas; valor pedagóxico, sendo unha visita obrigatoria para a comunidade educativa; valor estético, especialmente destacado en primavera e outono, e valor sociolóxico, contribuíndo o espallamento dos habitantes da zona, sendo destacable o elevado número de parellas recen casadas que acoden a facer as súas primeiras fotos.

 Alí puidemos apreciar parte da gran diversidade de árbores de todo o mundo, pasar por unha gruta, beber na fonte dos espellos, pasar polo invernadoiro e mesmo ver un hórreo de 1798.

Disfrutamos moito!

 

MES DO MEDO NA BIBLIOTECA!

Dende a Biblioteca imos tratar en novembro o "MES DO MEDO".

Viviremos terroríficos e inolvidables momentos que non vos podedes perder!

Clicade na seguinte imaxe de Orbil e viaxaredes ao blogue da Biblioteca, no que xa tendes publicada a transformación arrepiante da mesma. E isto só é o comezo....ja, ja, ja.

  

 

O SAMAÍN

Achégase o Samaín no Pena de Francia. Un ano máis imos xuntar a tradición e a creatividade para dar lugar a unha espectacular exposición de cabazas, entre outras sorpresas que vos agardarán.

 

 

Dende o luns 26 ata o xoves 29 tivemos, polo colexio, unha impresionante exposición de cabazas moi orixinais.

Queremos mostrar este gran traballo, realizado polas familias e o alumnado e agradecervos, un ano máis, a vosa colaboración, esforzo e apoio!!

As fotos atópanse na GALERÍA da páxina web.

 

 

 

 

 

 

 GRAZAS!!

 

 

 

 

 

 

Dende o equipo de Dinamización Lingüística e do equipo Tic temos recursos didácticos sobre esta festividade. Clicade nas imaxes:

 

BLOGUE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA                                                                                 RECURSOS TIC

 

 

 

 

 

 

                                                                     

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 5º AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

O martes 20 de Outubro o alumnado  de 5 de primaria realizamos unha visita moi interesante a Lourizán. Alí puidemos fixemos un recorrido por todo o seu Xardin Botánico, que posee especies exóticas e autóctonas e foi creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto e  que reúne aquelas especies plantadas no xardín dende o século XIX ata a actualidade.

Ademais das especies que pola súa importancia a nivel natural, paisaxístico e cultural están incluídas no Catálogo Galego de Árbores senlleiras, coma o cedro do Líbano, a Metasequoia glytostroboides e a formación de castiñeiros xaponeses e chineses, destacan tamén outras especies forestais coma o olmo holandés, as palmeiras raíñas ou a avenida de magnolias.

Despois de camiñar durante casi dúas horas, tomamos a ben merecida merenda nas escaleiras do Pazo, onde viviu Montero Ríos e que foi construido por Jenaro de la Fuente.

En fin, unha visita moi interesante e motivadora para escomenzar a aprender cousas sobre os bosques.

 

   



PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: OS BOSQUES

Os bosques é o proxecto documental que desenvolverá o CEIP Pena de Francia de Mos durante o curso 2015/2016 e que estará coordinado polas diferentes Comisións do centro dende a Biblioteca Escolar, Dinamización da Lingua Galega, Tics e Extraescolares. Elaborando para elo unha programación anual por trimestres, onde as diferentes áreas estean interconexionadas, sendo a tarefa final do curso a saída a un bosque autóctono.
Os Proxectos Documentais Integrados son un excelente instrumento para xerar e estimular novas formas de aprender, acordes coa sociedade da información. Son unha forma de traballo que permite transformar a información en coñecemento e onde a Biblioteca Escolar convértese no eixo da acción educativa. O traballo en base a proxectos implica unha filosofía educativa centrada no alumnado, pondo o acento nos procedementos pero sen descoidar en ningún momento os contidos. Trátase de traballos de investigación nos que o alumnado traballa directamente coa documentación, aprendendo a traballar autónomamente. Algúns dos aspectos máis relevantes do traballo por proxectos son o significativo  da aprendizaxe e o traballo cooperativo, tan fundamental no noso centro.

     E para empezar…

Chegou a nosa escola, en forma de préstamo, una coidada e fermosa exposición sobre os bosques galegos. A exposición ao longo de 12 Paneis, ilustrados con fotografía e interesantes textos, fai un percorrido, primeiramente polas características máis salientables dos nosos bosques e despois recorre, dun xeito minucioso e estructurado, as principais árbores que compoñen a paisaxe galega.

      Este magnífico traballo foi elaborado polos mestres Demetrio Jorge Boullosa e Francisco Javier Obelleiro Piñon, docentes no CPI Padín Truiteiro.

      O noso agradecemento por compartir este magnífico traballo.

 

DIA DA CIENCIA EN GALICIA

A Real Academia Galega de Ciencias celebra, dende o 2008, o Dia da Ciencia en Galicia. Este ano está adicado a investigadora galega Ángeles Alvariño.

Para máis información clicade enriba da imaxe e viaxaredes ao blogue de Dinamización Lingüísitica, no que tamén atoparedes un vídeo moi interesante!

 

A AVALIACIÓN NA APRENDIZAAE COOPERATIVA

A avaliación da Aprendizaxe Cooperativa vai a ser o reto neste curso 2015-2016, para elo imos empregar toda a información e formación recibida da Universidade de Vic e empregaremos un libro que nos parece moi interesante “La evaluación en el apredizaje cooperativo. Cómo mejorar la evaluación individual a través del grupo,” dos irmáns Johnson, pioneros neste ámbito.

O propósito deste libro é proporcionar unha guía práctica sobre o uso de grupos de aprendizaxe cooperativa como contexto para a avaliación de grupos, a coevaluación, a avaliación individual e a autoevaluación. Ofrece un amplo abano de procedementos de avaliación que na súa maioría requiren un contexto de grupo.Demostran que os ambientes cooperativos na aula permiten aos alumnos coidar os uns dos outros e favorecer ao mesmo tempo a súa aprendizaxe e o dos demais, creando procedementos de avaliación.

 Os autoresDavid W. Johnson é profesor de Psicoloxía da Educación na Universidade de Minnesota e Roger T. Johnson é profesor de Currículo e Ensino na Universidade de Minnesota. Ambos son Co-directores do Cooperative Learning Center (www.co-operation.org). Autores de numerosos libros e artigos de investigación, traballaron como consultores en escolas de todo o mundo e recibiron multitude de premios polo seu labor como investigadores e educadores, centrada especialmente na aprendizaxe cooperativa.

NOVIDADES NO BLOG DA BIBLIOTECA

 

 

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut