Skip to Content

Proxecto de vida activa e deportiva

IOGA - VIDA ACTIVA E DEPORTIVA NA AULA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL

Todos os días despois do recreo dedicamos un tempo para relaxarnos e volver á calma despois de tanto movemento.

Antes de nada apagamos as luces, botamos unha colonia "máxica" e poñemos música tranquila. Unha vez creado o ambiente e cos ollos pechados comezamos a traballar coa respiración. Despois con axuda dos dados das posturas e co reloxo de area facemos diferentes posturas que nos axudan a acougarnos, concentrarnos, divertirnos...

O ioga axúdanos a exercitar o noso corpo, a nosa mente e a nosa respiración.

 

 

Andaina polo monte

MÚSICA E MOVEMENTO

 

Os nenos e nenas de 5ºB de Educación Infantil realizaron unha actividade en psicomotricidade que consiste en moverse ao ritmo da música pola aula e cando esta pare realizar as indicacións da mestra ou doutro compañeiro/a (agruparse por parellas, en grupos de 3 nenos/as, en grupos de 4...)

 

 

  

 

 

 

 

 

Outra variante cos nenos e nenas de 4ºB de Educación Infantil é moverse pola aula o ritmo da música e cando esta pare realizar as indicacións da mestra (colocarse dentro dun aro azul, fóra dun aro amarelo, dentro dun aro vermello…)

 

 

 

 

XOGO E MOVEMENTO EN INFANTIL

Nas aulas de infantil, fixemos unha actividade en psicomotricidade onde traballamos o  movemento, axilidade, atención, equilibrio, coordinación…a cal consistía en bailar e movernos por toda a sala mentres soaba a música, e cando esta paraba, debían apurarse e atopar un aro onde meterse. Para a súa sorpresa, cada vez faltaban máis aros e tiñan que xuntarse moitos nenos e nenas dentro dun aro, aínda que iso non foi unha dificultade para eles, fixérono xenial! Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotos:

 


Merenda con froita creativa, na casiña!

Dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade na que o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º, que quixo partipar; mandou unha foto da súa merenda con froita. Aquí o vídeo das fotos recibidas! Esta actividade ten relación co Plan Proxecta Aliméntate ben e o Proxecto deportivo de centro.

 

Carreira campo a través provincial por equipos 12.02.2020!

O pasado martes participamos na carreira provincial de campo a través por equipos!!! Foi en Portas (Pontevedra). Acudimos as clases de 2ºA e 4ºA e pasámolo xenial!

Carreira campo a través provincial individual 2020!

O pasado sábado 1 de febreiro, o alumnado clasificado individualmente da carreira campo a través zonal, acudiu ao parque de Castrelos en Vigo a correr no campeonato provincial! Resultaron clasificados para este provincial un total de 28 alumnos/as!!! A proba foi dura, pero todos/as os que asistiron conseguiron completar a carreira!

Carreira campo a través zonal 2020!

O 21 de xaneiro, practicamente a totalidade do alumnado de 2º a 6º, participamos no zonal de carreira campo a través. Nel participou alumnado dos coles de Redondela, Mos e Porriño. Pasámolo xenial!!! E acadamos grandes resultados! Un total de 28 clasificados á fase zonal e 2ºA e 4ºA, clasificouse ao provincial por equipos!!! A de atletas que temos no cole!

Tanto esta carreira como outras actividades deportivas que se están levando á cabo no cole, forman parte do noso Proxecto deportivo de Centro; xa que somos un cole activo e saudable!!! Graciñas polo voso esforzo, pequenos grandes atletas!!!

 

28.05.2019 Provincial atletismo

O 28 de maio a clase de 5ºB acudiu a fase provincial de atletismo en Pontevedra. Alí pasamos unha xornada moi divertida practicando as diferentes probas: lanzamento de peso, 60 metros lisos, 500m lisos, lanzamento de vórtex, salto de lonxitude e relevos. Agasalláronnos cunha camiseta que empregamos na xornada!

 

Tenis de mesa!

A pasada semana, do 22 ao 24 de maio, visitáronnos os responsables do clube Always TM de Tenis de mesa. Grazas a eles aprendemos a xogar a este deporte, que require de moita concentración e rapidez. Graciñas pola visita!!!

 

Atletismo en pista en 5º curso!

O pasado 8 de maio un técnico de atletismo visitounos para explicarnos un pouquiño en que consiste o atletismo e as súas diferentes probas. O 18 de maio, o alumnado de 5º asistíu as instalacións de atletismo do CUVI para a realización dunhas probas de atletismo. A clase de 5ºB resultou clasificada para a fase provincial!!!

 

O prato saudable de Harvard

3ªDinamización intercentros: CPR Hermanos Quiroga e CEIP Pena de Francia

O pasado martes 6 de maio visitounos o CPR Hermanos Quiroga, co que pasamos unha divertida xornada de multidporte!

 

2ª Dinamización multideporte intercentros co CEIP Atín-Cela

O pasado 9 de abril vistoúnos o alumnado do CEIP Atín-Cela, co que pasamos unha xornada moi divertida xogando a varios deportes!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut