Skip to Content

Deportes

28.05.2019 Provincial atletismo

O 28 de maio a clase de 5ºB acudiu a fase provincial de atletismo en Pontevedra. Alí pasamos unha xornada moi divertida practicando as diferentes probas: lanzamento de peso, 60 metros lisos, 500m lisos, lanzamento de vórtex, salto de lonxitude e relevos. Agasalláronnos cunha camiseta que empregamos na xornada!

 

Tenis de mesa!

A pasada semana, do 22 ao 24 de maio, visitáronnos os responsables do clube Always TM de Tenis de mesa. Grazas a eles aprendemos a xogar a este deporte, que require de moita concentración e rapidez. Graciñas pola visita!!!

 

Atletismo en pista en 5º curso!

O pasado 8 de maio un técnico de atletismo visitounos para explicarnos un pouquiño en que consiste o atletismo e as súas diferentes probas. O 18 de maio, o alumnado de 5º asistíu as instalacións de atletismo do CUVI para a realización dunhas probas de atletismo. A clase de 5ºB resultou clasificada para a fase provincial!!!

 

O prato saudable de Harvard

Dende a área de Educación Física, o alumnado de 5º e 6º levou a cabo un traballo de investigación, ace3rca do que debía levar un prato saudable. Tomamos como referente o prato de Harvard e o alumnado propuxo diferentes combinacións. Como era de esperar nas nosas comidas debemos incluír FROITA!!!