Skip to Content

blogue demelisariveiro

Froita en educación física!

Nas aulas de quinto, traballamos as froitas a través de carreiras de relevos,  identificando os nomes das froitas en galego. Tamén realizamos un xogo cun dado motriz no que tiñamos que resolver diferentes probas para conseguir puntos, como: lectura de beizos, escribir nomes de froitas nas costas, facer mímica,explicar de que froita se trataba con palabras clave...Aprendemos un montón xogando!

 

A busca das froitas perdidas en Educación Física!

O pasado venres 14 de maio o alumnado de 3º, 5º e 6º realizou un xogo en Educación Física no que tiñan que buscar 27 froitas agochadas no colexio. Algunhas froitas resultaron máis difíciles de identificar ca outras, pero tódolos equipos conseguir finalizar a misión con máis ou menos éxito!

 

Merenda con froita creativa, na casiña!

Dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade na que o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º, que quixo partipar; mandou unha foto da súa merenda con froita. Aquí o vídeo das fotos recibidas! Esta actividade ten relación co Plan Proxecta Aliméntate ben e o Proxecto deportivo de centro.

 

O prato saudable de Harvard

1ª Dinamización intercentros no CEIP Petelos

Carreira campo a través provincial categoría alevín e infantil

O pasado sábado, 9 de xaneiro, Gabriel e Eva acudiron a fase provincial da carreira campo a través; o resultar clasificados na súa zona en categoría: alevín feminino e infantil masculino. A carreira celebrouse en Chenlo (Porriño) e pese ao mal tempo fixeron unha gran carreira. Noraboa!

 

Carreira campo a través provincial en categoría benxamin

O xoves 7 de xaneiro, o alumnado de 3ºA acudiu carreira campo a través provincial en Portas (Pontevedra); xa que resultaron clasificados na fase zonal como equipo benxamin mixto. Noraboa!

 

Carreira de campo a través zonal en Zamáns

O pásado mércores 16 de novembro, o alumnado de 2º a 6º de primaria, participou nunha carreira zonal de campo a través en Zamáns. O éxito de participación foi moi alto, forón máis de 100 alumnos/as!!! Acadamos grandes resultados; xa que varios alumnos/as clasificaron para a fase provincial, e acadaron os primeiros postos! Parabéns!!!

 

A laranxa e as intelixencias múltiples

O alumnado de segundo curso adicamoslle o mes de febreiro á laranxa. Dentro do "Plan Proxecta" e en relación ao "proxecto froita"; realizamos diversas actividades en relación as intelixencias múltiples. Velaquí, unha pequena mostra!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut