Skip to Content

CEIP PENA CORNEIRA

ESTÁMOSTE ESPERANDO!

O cole de Carballeda de Avia está desexando medrar, polo que se queres coñecernos para escolarizar aquí ós teus fillos/as, chama ó 988487030 e concerta unha cita para visitarnos ou solicita información.

Temos prazas libres en tódolos cursos de Educación Infantil e Primaria, así que estamos encantados de abrirche as nosas portas.

                                            

                                                                              

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Este martes día 14 de maio, dende o Departamento de Orientación levouse a cabo unha pequena charla para todo o alumnado sobre Acoso Escolar, explicándolle tamén a utilidade do Punto Laranxa.

 

XORNADA DE CLAUSURA DO DEPORTE ESCOLAR

O pasado mércores día 8 de maio, todo o alumnado de Educación Primaria participou na xornada de clausura de Deporte Escolar en Ribadavia.

O tempo axudou, pasárono xenial e viñeron con nada menos que con cinco medallas!

Para o vindeiro curso máis!

EXPOSICIÓNS ORAIS DOS NENOS E NENAS DE 3º E 4º DE E.P.

O prometido é débeda, así que xa tendes dispoñibles os videos das exposicións orais que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria co profe Martín na materia de Ciencias da Natureza.

Para velos, debedes copiar e pegar os seguintes enlaces no voso navegador:

DIANA: https://www.youtube.com/watch?v=XlX8WlclS90

XON: https://www.youtube.com/watch?v=O4I1wh0Wxaw

XAVI: https://www.youtube.com/watch?v=ca1knSHmE8M

GAEL: https://www.youtube.com/watch?v=K9cu4I46qZo

NICO E ELENA: https://www.youtube.com/watch?v=RoohPPcCbnI

KEVIN E MARTA: https://www.youtube.com/watch?v=Qd6uAS0uy_g

SANTI E VALENTINA: https://www.youtube.com/watch?v=T5zt6QBF8ZA

MÍA: https://www.youtube.com/watch?v=R7jvfilrd54

ÁLEX: https://www.youtube.com/watch?v=ZxfIwB8KXPM

SEMANA DO LIBRO NO COLE

Un día para homenaxear ós libros parecíanos pouco, así que no cole dedicámoslle unha semana, nada menos!

Lecturas grupais ó aire libre; mamás e papás facéndonos desfrutar coas súas palabras; visitas ás bibliotecas de Ourense, Ribadavia e Carballeda de Avia, e un fermoso conto do que tódolos nenos e nenas son os autores/as.

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

"Pintando árbores con pinceis". Así se chama a actividade promovida polo Concello de Carballeda de Avia que deu orixe a unha mañá de venres diferente e divertida o pasado día 3 de maio.

O froito foi o desfrute de tódolos nenos, nenas, mestres e mestras, un fermoso mural que adorna a parede do comedor e unhas bolsas de tea fermosísimas.

XORNADA DE ORIENTACIÓN

Os alumnos e alumnas máis maiores do cole participaron nunha nova xornada de Deporte Escolar en Ribadavia, desta vez de orientación, e pasárono en grande.

EXPOSICIÓNS ORAIS DOS NENOS E NENAS DE 3º E 4º DE E.P.

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron no 2º trimestre unha exposición oral, dentro da área de Ciencias da Natureza, relacionada con esta.

Sendo a súa primeira experiencia deste tipo, podemos dicir que foi moi positiva, e o mellor de todo é que ós nenos e nenas lle encantou.

Repetiremos neste último trimestre!

 

Poderedes ver os videos en Youtube nos vindeiros días, copiando e pegando os enlaces no voso navegador cando se publiquen nesta páxina web.

 Estade atent@s!

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024/2025

Podedes consultar o calendario escolar para o curso 2024/2025 copiando e pegando o seguinte enlace no voso navegador:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-150424-0003_gl.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut