Skip to Content

PLAN ADAPTACION COVID CEIP PENA CORNEIRA

27/10/2020 15:49
Atlantic/Bermuda

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS CORONAVIRUS

18/05/2020 18:57
Atlantic/Bermuda

TF DE CONTACTO DURANTE O CORONAVIRUS

 DURANTE O PERIODO DE PECHE DO COLEXIO POR O CORONAVIRUS  O TELÉFONO DE CONTACTO SERÁ O NÚMERO

      640753336

ESTAMOS NA NOSA PÁXINA DE FACEBOOK

O pasado curso 2018/2019 puxemos en marcha a páxina de Facebook do noso cole:

https://www.facebook.com/ceip.pena.corneira/

Todo o relativo a anuncios, fotos e vídeos do noso día a día estámolo a colgar alí.

Animámosvos a entrar e a darlle a ME GUSTA.

 

LIBROS DE TEXTO 2018/19

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2018/19

 

Estimados pais/nais e/ou titores/as:

 

Informámolos que o día 21 de maio saiu publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2018/2019.

Resumo das bases da convocatoria:

 

  1. Presentarase unha única solicitude por familia. Dita solicitude será válida para as tres modalidades que contempla a Orde:

 

 

SOLICITANTES

(pais/nais e/ou titores legais de...

 

REQUISITOS

 

 

Poderá participar todo o alumnado dos cursos mencionados e asignaranse os libros de texto por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar:

 

1.Participación no fondo solidario de libros de texto

 

 

alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

-Familias con renda per cápita igual ou inferior a

5.400 euros recibirán como mínimo 6 libros.

-Familias con renda per cápita superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros recibirán como mínimo 4 libros.

 

 

-Resto de familias: recibirán libros se quedan sobrantes unha vez asignados ás familias anteriores

 

 

Poderán solicitar estas axudas:

-Familias con renda per cápita igual ou inferiora

5.400 euros, as cales recibirán un vale de 170euros.

2. Axudas para adquirir libros de texto

 

alumnos/as de 1º e 2º de Ed. Primaria

-Familias con renda per cápita superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros, as cales recibirán un vale de 90 euros.

 

 

-Resto de familias: non poderán solicitar esta axuda.

 

3. Axudas para adquirir material escolar

 

alumnos/as de calquera curso de Ed. Primaria

 

Só poderán solicitar esta axuda as familias con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros, as cales recibirán un vale de 50euros.

 

* O alumnado de Educación Especial, o alumnado tutelado pola Xunta de Galicia e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, terá dereito as axudas que lle correspondan con independencia da renda familiar.

  1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o 22 de maio e rematará o 22 de xuño de 2018, ambos incluídos.

 

  1. A renda familiar estará formada pola suma das rendas de cada un dos membros computables. Cando presentasen declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal de 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a base impoñible do aforro (recadro 405), isto farase con cada declaración presentada polos distintos membros. Se non presentaron declaración da renda, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. (Se autorizan a consulta de datos non terán que facer estecálculo).

 

  1. A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal de 2016 (calculada segundo o punto anterior), entre o número de membros computables.

 

Membros computables da unidade familiar

Membros non computables da unidade

familiar

Os pais non separados legalmente nin divorciados ou o titor ou titores do alumnado.

A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

O agresor nos casos de violencia de xénero.

Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente.

 

Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos que

convivan no domicilio familiar

A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada,

cando haxa custodia compartida.

A persoa que, por novo matrimonio ou porconvivencia

en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/aalumno/a.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos arriba mencionados.

 

  1. A situación persoal, familiar e económica será a que corresponda ao 31 de decembro de2016.

 

  1. Xunto coa instancia (que este curso tamén se poderá presentar de forma electrónica na aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva osorixinais:

 

  1. Copia do DNI ou NIE dos membros computabes da unidade familiar, cando non autoricen a consultatelemática.

 

  1. Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar (non necesaria se hai copia actualizada nocentro).

 

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2016, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

 

    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/amenor.

    • Certificado ou volante de convivencia*

    • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde reside afamilia.

 

* Non se considera válido o certificado de empadronamento.

 

  1. Achegarase o certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súaverificación.

 

  1. Achegarase copia da declaración da renda cando non se autorice a consultatelemática.

 

  1. No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentaciónacreditativa.

 

O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.

 

  1. Tamén lles informamos que é obriga dos beneficiarios conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19, e devolvelos a rematar este. Tamén terán a obriga de destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro e destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

 

*Non se admitirán solicitudes fóra deste horario (agás previa solicitude en secretaría). Tampouco se recollerán as solicitudes que envíen polos alumnos/as. Deberán ser os pais/nais os que a entreguen no centro. Tamén recorden de poñer como solicitante a persoa (pai ou nai) que virá a recoller o vale ao centro.

 

En posteriores notas informativas irémoslles indicando as datas de entrega dos vales e de exposición das listas provisionais de solicitudes admitidas do fondo solidario. Para calquera consulta non dubiden en contactar co centro. Na páxina web do colexio poderán consultar a Orde completa publicada no DOG:

Ourense, 22 de maio de 2018.

 

A dirección.

Visita do contacontos Iago López

O pasado venres 1 de xuño veu visitarnos ao noso cole o recoñecido contacontos Iago López Santos para representarnos o seu libro "O cociñeiro Martiño". Encantounos como o fixo e pasamos un rato de moitas risas.

 

EXCURSIÓN A MARCELLE

O martes 29 de maio todos os alumnos do cole, os profes e uns poucos pais, representando á ANPA, fomos de excursión o zoo de Marcelle en Lugo. Aínda que a viaxe se nos fixo un pouco longa mereceu moito a pena. Gustounos un montón ver a todos os animais que alí teñen e cos monitores pasámolo superguai!

 

Baile galego en E.F.

Coincidindo coa semana das letras galegas e dentro do tema de "Expresión corporal" o grupo de 4º 5º e 6º estivemos aprendendo algo de baile galego e máis concretamente a muiñeira. En cousa de dúas semanas aprendemos algúns paseos e puntos básicos, ensaiámolos e creamos entre todos a coreografía dunha danza que despois bailamos diante do resto do cole nos actos propios do día das letras galegas. Quedounos moi chula e saíunos moi ben!!

 

Saída a Ourense

O día 15 de maio fixemos unha saída a Ourense todos os nenos do cole.

Primeiro fomos visitar o supermercado Gadis do centro comercial Ponte Vella onde nos explicaron os diferentes alimentos que podemos atopar alí, en que nos temos que fixar nas etiquetas e como diferenciar os máis saudables.

 

 

Despois desprazámonos ata Dragonenos para xogar un bo rato

 

Ao saír comemos no parque Barbaña

E rematamos a saída xogando un pouco no parque infantil

Distribuir contido


by Dr. Radut