Skip to Content

CHARLA "BENESTAR NA REDE"

O pasado mércores día 18 de outubro, tivo lugar no centro a charla "Benestar na Rede" ofertada polo Concello de Carballeda de Avia.

Nela, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria aprenderon, entre outras cousas, a empregar ben o teléfono móbil, así como a "moverse" con seguridade nas redes sociais.

Estas charlas, sobre temas relacionados, iranse sucedendo ó longo do curso cada certo tempo.

Podedes ver dúas imaxes nos arquivos adxuntos en formato jpg.

PAGO MENSUAL DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Para pagar as taxas que corresponden ós días de uso do comedor escolar cada mes, debedes facelo antes do día 20.

As taxas facilitarávolas impresas a dirección do centro nos primeiros días do mes seguinte ó uso do servizo a través dos nenos/as, debendo entregar de volta o exemplar para a administración selado pola entidade bancaria ou o xustificante de pago se este se realiza de forma telemática.

O pago poderá realizarse a través de Atriga, Abalar ou presencialmente nas oficinas das entidades bancarias colaboradoras (Abanca, BBVA, Banco Santander...).

Para axudarvos cos pagos, podedes consultar a páxina web do CEIP Magdalena, onde se explica este tema moi ben no seguinte enlace (copiándoo no voso navegador): http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/node/485

 

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2023-2024

O venres día 13 de outubro, Día de Conveniencia Pedagóxica (día elixido polo centro) e o luns día 20 de maio (festivo local) NON SERÁN DÍAS LECTIVOS.

A estas datas, engadiranse tódolos festivos de carácter autonómico e nacional.

MENÚ DO MES DE OUTUBRO

Xa tendes dispoñible o menú do mes de outubro como arquivo adxunto en formato pdf.

PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN MUNICIPAIS

O Concello de Carballeda de Avia oferta para nenos/as os programas "Madruga" de 8:00 a 10:00 horas e "Concilia" de 16:30 a 20:00  horas nas instalacións do centro.

Máis información nas oficinas municipais.

HORARIO DIRECCIÓN CURSO 2023-2024

O horario de atención do director do centro no presente curso é o seguinte:

- Luns de 10:00 a 10:50 e de 15:30 a 16:30 horas.

- Martes de 10:00 a 10:50 horas.

- Mércores de 10:50 a 11:45 horas.

- Xoves de 10:00 a 10:50 horas.

- Venres de 10:00 a 10:50 horas.

Nos meses de setembro e xuño este horario equivalerá ás primeiras, segundas e últimas sesións de cada xornada, co seu tempo estipulado.

Prégase que este horario sexa respetado para non interferir no bo funcionamento do centro.

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

O vindeiro xoves día 14 de setembro ás 15:00 horas terá lugar no centro a renión informativa de inicio de curso con tódalas familias de Infantil e Primaria. Primeiro será unha reunión grupal e seguidamente esta repartirase por titorías.

É moi importante que asistades.

COMEDOR CURSO 2023-2024 E MENÚ DO MES DE SETEMBRO

No presente curso, a encargada de comedor será Adela Pérez (mestra do centro) e as colaboradoras serán tres nais de alumnado. Mantense o mesmo cociñeiro e o horario dos pasados cursos.

Tódolos meses poderedes consultar o menú nesta páxina e xa tendes dispoñible o do mes de setembro como arquivo adxunto en formato pdf.

BENVID@S Ó CURSO 2023-2024!

O profesorado do CEIP Pena Corneira davos a benvida ó curso escolar 2023-2024 que comezará o vindeiro luns día 11 de setembro e que suporá un novo reto nas nosas vidas.

Recordade que o horario do centro nos meses de setembro e xuño é de 9:45 a 15:00 horas e no resto do curso é de 10:00 a 16:30 horas, facendo unha excepción os venres.

A polo novo curso!

 

PLAN DIXITAL CURSO 2023-2024

 

Copia este enlace no teu navegador para ver o Plan Dixital do Centro para o curso 2023-2024:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015906

 

Se tes algún problema para acceder, segue estes pasos:

1. Entra na páxina www.edu.xunta.gal/programaseducativos

2. Clica en "Plans dos centros" na lapela superior esquerda.

3. Introduce "Ano académico 2023/2024" na lapela "Convocatoria", "Plan Dixital" na lapela "Plan"  e "32015906 CEIP Pena Corneira" na lapela "Centro" da parte central da páxina.

4. Preme a opción "Buscar".

5. Cando apareza o noso Plan Dixital na "Listaxe de plans" clica no icono da lupa.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut