Skip to Content

Saída a Ourense

O día 15 de maio fixemos unha saída a Ourense todos os nenos do cole.

Primeiro fomos visitar o supermercado Gadis do centro comercial Ponte Vella onde nos explicaron os diferentes alimentos que podemos atopar alí, en que nos temos que fixar nas etiquetas e como diferenciar os máis saudables.

 

 

Despois desprazámonos ata Dragonenos para xogar un bo rato

 

Ao saír comemos no parque Barbaña

E rematamos a saída xogando un pouco no parque infantil

MULTIXOGO

O martes 8 de maio os alumnos e alumnas de 1º e 2º fomos participar nunha xornada de multixogo no pavillón de Ribadavia xunto con outros coles da comarca do Ribeiro.

Pasámolo súper ben!

 

SEMANA DO LIBRO

Con motivo da semana do libro levamos a cabo no cole unha serie de actividades:

Luns

Viñeron as mamás de Sofía de Jesús (Mónica), Bruno (Mari Carmen) e Lola (Cristina) a contarnos uns contos moi chulos.

 

Martes:

Puxémonos todos por parellas, maiores con pequenos, e contámonos contos mutuamente.

Mércores:

Nathalie contounos uns contos en inglés que nos gustaron moito.

Venres

Fixemos unha "procura do tesouro" por equipos. Tiñamos que atopar uns libros que estaban escondidos polo cole. Ao atopalos cada equipo íase ler o seu conto ao patio.

 

Foi unha semana moi entretida!!

Xogando co atletismo

Hoxe pola mañá acudimos ao pavillón de Ribadavia para participar na edición deste ano de "Xogando co atletismo" nas categorías benxamín e alevín.

Pasámolo moi ben participando en carreiras, lanzamentos de peso e xabalina ou salto de lonxitude entre outras probas.

 

 

 

 

Saída de infantil ao auditorio

O pasado día 3 de abril os nenos e nenas da clase de infantil fixemos unha saída ao auditorio de Ourense para ver a obra "Antón comodón". Gustounos moito. Aquí tedes algunhas fotos dese día.

 

3ª xornada multideporte

O día 5 deste mes de abril tivemos a 3ª xornada da liguilla de multideporte. Nesta ocasión enfrontámonos ao CEIP de Quins. Pouco a pouco imos mellorando en todos os deportes e levamos dende a 1ª xornada sen perder ningún partido pero como xa sabemos todos de tantas veces que o repetimos: o máis importante é pasalo ben!!

 

Semana escolar da árbore e da auga

O pasado día 23 e para poñer fin á semana da árbore e da auga fixemos o acto de plantar a árbore que marcaba a Consellería de educación. Aproveitamos tamén para plantar as landras que xerminaran das que tiñamos nas clases.

Primeiros auxilios no cole

Hoxe tivemos no centro a visita de Brais, técnico en primeiros auxilios, que nos ensinou o que temos que facer ante unha situación de emerxencia.

Aprendemos o que é a posición lateral de seguridade, a facer unha RCP, actuar ante un atragantamento ou facer ben unha vendaxe.

Foi unha mañá moi proveitosa.

 

Acrosport en Educación Física

O grupo de 4º, 5º e 6º estamos aprendendo estes días dentro do tema de "Coordinación e equilibrio" en que consiste o Acrosport. Estámolo a pasar moi ben facendo as diferentes figuras e, a verdade, é máis fácil do que semellaba!

 

 

Saída ao auditorio 1º, 2º e 3º

O pasado día 15 de marzo os alumnos e alumnas de 1º, 2º, e 3º acudimos ao auditorio de Ourense para ver a obra de teatro e títeres: "Garbancito en la barriga del buey" da compañía de teatro andaluza "La gotera de Lazotea". Aínda botamos unhas boas risas!

Distribuir contido


by Dr. Radut