Skip to Content

Deportes

NOVA XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Este xoves día 21 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria desfrutaron dunha nova xornada de Deporte Escolar en Ribadavia, nesta ocasión de "multideporte".

DESFRUTANDO CO BALONMÁN

O pasado xoves día 14 de marzo, todo o alumnado de Educación Primaria desfrutou dunha xornada de balonmán en Ribadavia con xogadores profesionais.

Mañá inesquecible!

MAÑÁ DE ATLETISMO EN EXPOURENSE

O venres día 26 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria participaron nunha nova xornada de Deporte Escolar, desta vez coa disciplina de atletismo en Expourense.

DEPORTE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS

O pasado xoves día 16 de novembro tivo lugar a fase comarcal do campionato de campo a través en Ribadavia, na que participaron nenos e nenas de 2º curso de Educación Primaria en adiante.

Aínda que o tempo dos días previos non acompañou, pasárono moi ben e ata algún podio trouxeron para Carballeda.

 

 

Podedes ver fotos como arquivos adxuntos.

PRIMEIRA XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

O pasado mércores día 25 de outubro tivo lugar a primeira xornada do Plan XOGADE, desta vez de multideporte, á que acudiu o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria ó pavillón municipal de Ribadavia.

Podedes ver unha foto como arquivo adxunto.

MULTIXOGO

O martes 8 de maio os alumnos e alumnas de 1º e 2º fomos participar nunha xornada de multixogo no pavillón de Ribadavia xunto con outros coles da comarca do Ribeiro.

Pasámolo súper ben!

 

Xogando co atletismo

Hoxe pola mañá acudimos ao pavillón de Ribadavia para participar na edición deste ano de "Xogando co atletismo" nas categorías benxamín e alevín.

Pasámolo moi ben participando en carreiras, lanzamentos de peso e xabalina ou salto de lonxitude entre outras probas.

 

 

 

 

3ª xornada multideporte

O día 5 deste mes de abril tivemos a 3ª xornada da liguilla de multideporte. Nesta ocasión enfrontámonos ao CEIP de Quins. Pouco a pouco imos mellorando en todos os deportes e levamos dende a 1ª xornada sen perder ningún partido pero como xa sabemos todos de tantas veces que o repetimos: o máis importante é pasalo ben!!

 

Acrosport en Educación Física

O grupo de 4º, 5º e 6º estamos aprendendo estes días dentro do tema de "Coordinación e equilibrio" en que consiste o Acrosport. Estámolo a pasar moi ben facendo as diferentes figuras e, a verdade, é máis fácil do que semellaba!

 

 

Las escuelas de la milla

Este mes de marzo comezamos a participar neste programa que busca loitar contra a obesidade infantil e fomentar a práctica diaria de exercicio físico nos nenos e nenas.

Cada día, no medio da xornada lectiva, saímos todos xuntos ao patio para correr durante uns minutos. O obxectivo é que para o remate de curso sexamos capaces de correr unha milla diaria (ou achegarnos o máximo posible).

O exercicio físico é saude!!

Distribuir contido


by Dr. Radut