Skip to Content

TARDE DE MAGOSTO!

O pasado xoves día 16 de novembro celebramos o magosto no cole.

Logo dun xantar típico desta festa no patio, a tarde trascorreu entre música e xogos.

Día de desfrute total!

 

 

Podedes ver fotos como arquivos adxuntos.

DEPORTE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS

O pasado xoves día 16 de novembro tivo lugar a fase comarcal do campionato de campo a través en Ribadavia, na que participaron nenos e nenas de 2º curso de Educación Primaria en adiante.

Aínda que o tempo dos días previos non acompañou, pasárono moi ben e ata algún podio trouxeron para Carballeda.

 

 

Podedes ver fotos como arquivos adxuntos.

PLAN DIXITAL CURSO 2023-2024

Podedes consultar o Plan Dixital do Centro actualizado para o presente curso na lapela superior esquerda "Secretaría" desta páxina. Aí tendes o enlace e as indicacións para acceder a el.

SAMAÍN NO COLE

O pasado mércores día 31 de outubro celebramos o Samaín no cole.

Tódolos nenos/as e profes acudiron disfrazados/as e pola mañá, despois do recreo, comezou a festa!

Primeiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria leu os seus contos terroríficos a todos/as, logo nas aulas desfrutaron con curtametraxes e películas de medo e, pola tarde, concursaron por grupos (mestres/as incluídos/as) bailando a canción "Ghostbusters" ("Cazafantasmas") despois de facer un pequeno desfile polos corredores do centro.

Dende o venres anterior, a entrada do edificio alberga os traballos realizados polos alumnos/as, os cales optarán ó longo destes días a terroríficos premios.

 

Podedes ver máis fotos nesta publicación (arquivos adxuntos).

 

COMO PODEDES VER OU DESCARGAR O MENÚ DE CADA MES, FOTOS...?

Para ver ou descargar o menú mensual nesta páxina web, un modo de facelo é en primeiro lugar clicar no título da noticia (por exemplo "MENÚ DE NOVEMBRO") e ó estar dentro da noticia, teredes que volver clicar no nome do arquivo pdf que está en cor azul (por exemplo: "menú novembro"). Deste xeito abriredes o arquivo, aínda que dependendo do sistema operativo do ordenador, das aplicacións descargadas no móbil para o uso de pdfs ou de fallos de conectividade da páxina web, podedes ter en ocasións problemas.

Se non podedes descargalo, avisade ó centro e enviaravos o menú impreso polo neno/a.

 

Esta mesma ruta é a que debedes seguir para descargar as fotos ou outros arquivos que sexan do voso interese e, no caso de non poder facelo, solicitalos no colexio.

OBXECTIVOS DO PLAN DIXITAL PARA O ALUMNADO

Ó longo do curso trataremos de acadar na medida do posible e con formación os seguintes obxectivos en relación ó alumnado.

 

MARTES DÍA 31 DE OUTUBRO: UN DÍA DE MEDO

MENÚ DO MES DE NOVEMBRO

Xa tendes dispoñible o menú de novembro como arquivo adxunto en formato pdf.

PRIMEIRA XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

O pasado mércores día 25 de outubro tivo lugar a primeira xornada do Plan XOGADE, desta vez de multideporte, á que acudiu o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria ó pavillón municipal de Ribadavia.

Podedes ver unha foto como arquivo adxunto.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e, para conmemoralo, repartíronse trípticos con explicacións do funcionamento e das normas a tódolos usuarios da bilbioteca do centro e no tempo de ler, todo o alumnado acudiu ó espazo destinado a esta para realizar lectura colectiva (os nenos/as maiores léronlle contos ós nenos/as pequenos/as, outros nenos/as agrupáronse para ler o mesmo conto con outros compañeiros/as da mesma idade...).

 

Podedes ver as fotos adxuntas.

Distribuir contido


by Dr. Radut