Skip to Content

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

"Pintando árbores con pinceis". Así se chama a actividade promovida polo Concello de Carballeda de Avia que deu orixe a unha mañá de venres diferente e divertida o pasado día 3 de maio.

O froito foi o desfrute de tódolos nenos, nenas, mestres e mestras, un fermoso mural que adorna a parede do comedor e unhas bolsas de tea fermosísimas.

XORNADA DE ORIENTACIÓN

Os alumnos e alumnas máis maiores do cole participaron nunha nova xornada de Deporte Escolar en Ribadavia, desta vez de orientación, e pasárono en grande.

EXPOSICIÓNS ORAIS DOS NENOS E NENAS DE 3º E 4º DE E.P.

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron no 2º trimestre unha exposición oral, dentro da área de Ciencias da Natureza, relacionada con esta.

Sendo a súa primeira experiencia deste tipo, podemos dicir que foi moi positiva, e o mellor de todo é que ós nenos e nenas lle encantou.

Repetiremos neste último trimestre!

 

Poderedes ver os videos en Youtube nos vindeiros días, copiando e pegando os enlaces no voso navegador cando se publiquen nesta páxina web.

 Estade atent@s!

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024/2025

Podedes consultar o calendario escolar para o curso 2024/2025 copiando e pegando o seguinte enlace no voso navegador:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-150424-0003_gl.pdf

APOIANDO Ó POBO PALESTINO

O pasado venres día 12 de abril, ás 12:00 horas, todo o centro participamos na concentración convocada a favor do pobo palestino coa lectura dun manifesto contra a masacre que o golpea e acompañado este dunha onda de bandeiras do país.

 

CAMBIO NAS DATAS DA AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA DE 4º E.P.

A avaliación diagnóstica do alumnado de 4º de Educación Primaria non se levará a cabo os días 10 e 11 de abril, senón que se adiará para a seguinte semana.

PUNTO LARANXA NO NOSO CENTRO

É un punto físico situado na entrada do centro, onda o taboleiro de anuncios, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar dun xeito anónimo posibles situacións de acoso escolar ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros/as.

Tamén podedes atopar o punto virtual nesta web, na parte superior dereita, do cal podedes facer uso enviando unha mensaxe de forma anónima describindo a situación de acoso que aparecerá recollida no correo electrónico do centro para a súa posterior xestión.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros 10 e 11 de abril realizarase a avaliación de diagnóstico en Galicia, no caso do noso centro,  ó alumnado de 4º de Educación Primaria.

Esta está regulada pola  "ORDEN de 29 de diciembre de 2023 por la que se regula el desarrollo de la

evaluación de diagnóstico en la Comunidad Autónoma de Galicia" e a "RESOLUCIÓN de 14 de febrero de 2024, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo de la evaluación de diagnóstico de educación primaria y educación secundaria obligatoria en los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia para el curso escolar 2023/24".

Podedes atopar toda a información nos seguintes enlaces, copiándoos e pegándoos no voso navegador:

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240112/AnuncioG0655-080124-0001_es.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240223/AnuncioG0655-150224-0004_es.html

NOVA XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Este xoves día 21 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria desfrutaron dunha nova xornada de Deporte Escolar en Ribadavia, nesta ocasión de "multideporte".

DESFRUTANDO CO BALONMÁN

O pasado xoves día 14 de marzo, todo o alumnado de Educación Primaria desfrutou dunha xornada de balonmán en Ribadavia con xogadores profesionais.

Mañá inesquecible!

Distribuir contido


by Dr. Radut