Skip to Content

Orientación, Documentación

HORARIO DE ORIENTACIÓN CURSO 2024-2025

O horario da Orientadora no presente curso será o seguinte:

- Martes en xornada completa.

- Venres nas tres primeiras sesións lectivas.

Se precisades localizala outros días, os luns estará no CEIP Virxe de Guadalupe de Avión en horario de mañá (teléfono 988404056), os mércores estará no CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro en horario de mañá (teléfono 988488178) e os xoves estará no CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle en horario de mañá (teléfono 988486178).

 

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Este martes día 14 de maio, dende o Departamento de Orientación levouse a cabo unha pequena charla para todo o alumnado sobre Acoso Escolar, explicándolle tamén a utilidade do Punto Laranxa.

 

BECAS DO MEC PARA O ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2024-2025

Aquí vos deixo como arquivos adxuntos en formato pdf unha carta con información e un listado de profesionais en relación ás becas do Ministerio de Educación e Ciencia para alumnado con NEAE para o vindeiro curso.

 

DÍPTICOS 25-N

Aquí vos deixo uns dípticos (arquivos adxuntos) con indicacións básicas de defensa persoal, con preguntas para autorreflexionar... todos eles relacionados coa violencia de xénero.

Ditos dípticos foron facilitados polo CIM (Centro de Información á Muller) da Mancomunidade do Ribeiro na reunión da Mesa Contra a Violencia de Xénero celebrada o venres día 17 de novembro.

AUTORIZACIÓNS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Aquí tendes os modelos empregados polo DO en formato pdf: autorización para a valoración da linguaxe, autorización para a realización da avaliación psicopedagíxoca, autorización para intervención individualizada ou en pequeno grupo e autorización para intercambio de información con profesionais externos.

HORARIO DO MESTRE DE AL/PT CURSO 2023-2024

No presente curso, o mestre de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica estará no centro os martes e venres en xornada completa e os xoves en xornada de mañá.

Os luns e mércores acudirá ó CEIP Virxe de Guadalupe de Avión en xornada de mañá.

HORARIO DE ORIENTACIÓN CURSO 2023-2024

O horario da Orientadora no presente curso será o seguinte:

- Martes en xornada completa.

- Venres nas catro primeiras sesións lectivas.

Se precisades localizala outros días, os luns estará no CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle en horario de mañá, os mércores estará no CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro en horario de mañá e os xoves estará no CEIP Virxe de Guadalupe de Avión en horario de mañá.

Distribuir contido


by Dr. Radut