Skip to Content

Obradoiro de xogos populares e tradicionais

O centro de cultura popular "Xaquín Lorenzo" da Deputación de Ourense veu ao noso cole para ensinarnos algúns xogos populares e tradicionais. Amosáronnos dende xogos cantados ata o xogo do pino.

Aprendemos algo máis sobre a que xogaban os nosos avós e bisavós!

 

Las escuelas de la milla

Este mes de marzo comezamos a participar neste programa que busca loitar contra a obesidade infantil e fomentar a práctica diaria de exercicio físico nos nenos e nenas.

Cada día, no medio da xornada lectiva, saímos todos xuntos ao patio para correr durante uns minutos. O obxectivo é que para o remate de curso sexamos capaces de correr unha milla diaria (ou achegarnos o máximo posible).

O exercicio físico é saude!!

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 18/19

O proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/19 vai dende o 1 ao 20 de marzo.

2ª xornada multideporte

O pasado día 23 fomos ata o pavillón de Ribadavia para enfrontarnos ao colexio Virxe de Guadalupe de Avión. Gañamos en moitas das diciplinas pero o máis importante é que o pasamos xenial durante toda a mañá.

ENTROIDO

No Ceip Pena Corneira disfrazámonos este ano de árbores como mostra de apoio á reforestación polo vaga de incendios que asolaron o noso concello recentemente. 
Posteriormente ao desfile pola vila cada alumno puido disfrazarse libremente cun disfraz traído da casa.
 
 
 
 

Día da paz

 

 

RESERVA DE PLAZA CURSO 2018/19

01/02/2018 16:06
Atlantic/Bermuda

O PLAZO DE RESERVA DE PLAZA PARA CENTROS DE ADSCRIPCIÓN  2018/19 VAI DENDE O 1 ATA O 15 DE FEBREIRO

Carreira de campo a través

Un ano máis por estas datas acudimos ao campo de fútbol O Xestal de Ribadavia para participar na carreira comarcal de campo a través. A pesares de que ía moito frío non nos choveu polo que foi unha boa xornada. Tivemos uns moi bos resultados e, o que é máis importante, pasámolo moi ben. Aquí tedes algunhas fotos deste día. 

 

Gañador das rifas de nadal

Xa temos gañador do sorteo das rifas que organizou a A.N.P.A. Noraboa ao agraciado!

Xornada de nadal

Hoxe vivimos un día moi especial no noso cole. Primeiro acudimos ao asilo de Carballeda para levar uns detalliños aos anciáns e cantarlles unha panxoliña. Xa no cole fixemos unha degustación cos doces de nadal que nos trouxeron as familias e cos que elaboramos nós onte no centro. Tivemos tamén a visita de Papá Noel que nos trouxo uns agasallos, recibimos os premios do concuso de postais do concello e rematamos coa actuación do mago "Le grand Martin" que nos abraiou a todos. Foi un día superdivertido!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut