O CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro conta cun andar principal. Todas as aulas dispoñen de PDI.
Nesta pranta sitúanse:
- 2 aulas de Educación Infantil.
- 4 aulas de Educación Primaria (e a maiores a aula matinal)
- 1 aula de música
- Sala azul: sala de informática.
- Aula d ePT.
- Biblioteca
- Baños para o alumnado.
Así mesmo tamén dispón de:
- Sala de mestres/as.
- Dirección
- Baño dos mestres/as.
O comedor sitúase na parte de atrás do colexio que tamén fai de salón de actos, un patio interior modernizado para os días de choiva e o ximnasio. Ademais contamos preto do colexio cun pavillón do Concello que utilizamos en determinadas actividades escolares, fundamentalmente, para actividades de Educación Física.