Skip to Content

Saídas e excursións

Campo a través 2023 (Fase comarcal)

Fotos do campo a través comarcal celebrado este ano na Veronza (Ribadavia) debido ás malas condicións nas que se atopaba o Puzo do Lago polas chuvias.

Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que o equipo do cole obtivo dúas medallas en categoría alevín, ademais de outras grandes actuacións, conseguindo rematar a carreira todos os nosos participantes. Parabéns a tod@s!!

Excursión fin de curso ao Ecoparque Multiaventura Atalaia.

Fotos excursión fin de curso ao Ecoparque.

1ª xornada de campo a través 2019

Gran xornada deportiva a pesares do frío que nos acompañou no Puzo do Lago o pasado mércores, 4 de decembro.

Parabéns a tódolos participantes, en especial aos do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 4 medallas (Pablo Díaz, Mario, Borja e Lara Vquez.) !

Acceso ás fotos clicando na imaxe.

Visita do alumnado de 6º ao IES Julio Prieto Nespereira

O pasado 30 de maio, o alumnado de 6º curso de primaria realizou, como cada ano, a visita ao IES Julio Prieto Nespereira, onde continuarán os seus estudos ao rematar no colexio. Coñeceron as instalacións, a algúns profes, e tamén aos futuros compañeiros, reencontráronse cos que xa marcharon o ano pasado... E ademais, tivemos a honra de que a nosa ex-alumna Mª Rita nos fixese de guía nesta agradable visita.

Dende o cole de Amoeiro desexámoslles o mellor na nova etapa que lles agarda.

Mirade as fotos picando na imaxe:

Excursión ao castro de San Cibrao de Las

O martes 14 de maio realizamos a excursión de fin de curso a San Cibrao de Las. Alí, os nosos alumnos e alumnas convertíronse por unhas horas en arqueólogos, investigadores, rastreadores e mesmo en cazadores castrexos. Todo a través dos diferentes obradoiros que foron realizando con monitores especializados. Así, a través destes obradoiros adptados para as distintas idades, o noso alumnado puido coñecer un pouco máis sobre a cultura e a forma de vida dos nosos antepasados castrexos.

Xogando ao atletismo 2019

O pasado mércores, 8 de maio, participamos na competición comarcal de atletismo en Carballiño. Disfrutamos dunha gran xornada deportiva na que o pasamos estupendamente, e ademais acadamos uns excelentes resultados nas 2 categorías a pesares de competir con colexios con moito máis alumnado:

Categoría benxamín:  4º posto por equipos empatados co 3º, con actuacións destacadas de Aitana, campiona en multisaltos; Leire, 3ª clasificada en lanzamento de peso;  e Pablo Díaz, 2º clasificado en salto de lonxitude.

Categoría alevín: campións por equipos (1º posto); con actuacións destacadas de Marta e Paula (campiona e subcampiona en salto de lonxitude); Adriana e Saray (2ª e 4ª en lanzamento de peso); Cíes e Hugo (3ª e 5º en lanzamento de xavelina)...

Ademais, Antía, Irene e Raúl prestáronse voluntarios para colaborar no control de puntuación das probas, e realizaron con solvencia as tarefas encomendadas.

Parabéns a todos eles!!

Clicade na imaxe para ver as fotos.

Convivencia de fútbol 7 en Cenlle.

O xoves, 2 de abril, participamos nunha convivencia de fútbol cos colexios de Maside, Cambeo e Cenlle. Distrutamos dun gran día de sol, deporte e convivencia, con remate final en forma de xantar campestre na área termal de Cenlle, a cuxo concello agradecemos a colaboración para ceder as instalacións e adquirir os trofeos do evento.

Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Ourense.

Hoxe luns, 8 de abril, o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria puido disfrutar no Auditorio de Ourense do espectáculo musical de Mamá Cabra "Eu cociño, ti cociñas".

Instrumentos insólitos no Auditorio de Ourense.

Hoxe martes 4/12/2018, achegámonos ao Auditorio de Ourense para asistir a un espectáculo musical do dúo Fetén fetén, que resultou moi orixinal e baseado en instrumentos insólitos, procedentes de distintas partes do mundo, xunto con outros fabricados cos materiais máis diversos. Bailamos un montón e pasámolo xenial.

San Martiño 2018 en Ourense

Orgullosos das nosas e dos nosos atletas, cos que hoxe disfrutamos dunha estupenda xornada deportiva en Ourense na carreira do San Martiño.

Podedes ver as fotos clicando na imaxe.

Visita ao IES Xulio Prieto Nespereira

Hoxe xoves, 31 de maio, o alumnado de sexto curso visitou o que será o seu instituto para o curso que vén. Coñeceron as instalacións, a algúns profes e tamén aos futuros compañeiros, ademais de reencontrarse cos que xa marcharon o ano pasado...

Dende o cole de Amoeiro desexámoslles o mellor na nova etapa que lles agarda.

Mirade as fotos cliqueando na imaxe:

VÍDEO da actividade "Xogando ao atletismo_2018"

Aquí tedes o vídeo que elaboraron os profes do Cole de Cea da actividade de atletismo que tivemos este mes. Agradecementos e parabéns aos compañeiros de Cea por este fantástico vídeo.

Excursión a Allariz - 2018

O pasado luns 21 de maio, fixemos a excursión de fin de curso a Allariz, onde realizamos diversas actividades:

  • Visitamos o MUSEO GALEGO DO XOGUETE.
  • Visitamos o MUSEO DA MODA DE ALLARIZ..
  • MONTAMOS A CABALO !!
  • Xantamos no campo e xogamos no parque.
  • Visitamos o FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS.

Pasámolo en grande!!

Podedes ver as fotos clicando na imaxe.

Xogando ao atletismo_2018

O martes 22 de maio, participamos no Campionato comarcal da actividade "Xogando ao atletismo", na que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron dun espectacular día de sana competición interescolar.

Tivemos actuacións moi destacadas, especialmente en salto horzontal e relevos con valos. Ademais, na clasificación xeral, quedamos quintos en categoría benxamín e terceiros en alevín. Parabéns a tod@s!!

Accede ás fotos clicando na imaxe.

Día da árbore e a auga 2018

Imaxes da celebración do día da árbore e da auga, con diferentes actividades:

- Lectura e actividades diversas a partir do material enviado pola Deputación de Ourense.

- Plantación dun salgueiro no patio.

- Plantación doutra árbore en Trasalba.

- Solta de animais nesa mesma zona.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut