Skip to Content

Educación física

Campionato Galego de cros 2024.

Novo éxito dos nosos 3 participantes no campo a través. Desta volta foi no Campionato Galego disputado o pasado sábado 13 de xaneiro, onde Aroa, Sara e Mateo souberon sobrepoñérse ás caídas, á chuvia e á lama para facer un gran papel a pesares de competir cos mellores corredores e corredoras de Galicia desta especialidade. Moitos parabéns para os tres!!!

 

Campionato provincial de cros.

O pasado 16 de decembro disputouse o campionato provincial de cros en Ribadavia, coa participación de 3 dos nosos alumnos: Sara Quiroga, Aroa González e Mateo Requejo. Os tres competiron a gran nivel e incluso conseguiron a clasificación para o campionato galego a celebrar o vindeiro mes de xaneiro. Moitos parabéns para os tres!

Campo a través 2023 (Fase comarcal)

Fotos do campo a través comarcal celebrado este ano na Veronza (Ribadavia) debido ás malas condicións nas que se atopaba o Puzo do Lago polas chuvias.

Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que o equipo do cole obtivo dúas medallas en categoría alevín, ademais de outras grandes actuacións, conseguindo rematar a carreira todos os nosos participantes. Parabéns a tod@s!!

Coñecendo a ximnasia rítmica

Clase de ximnasia rítmica para todo o alumando do cole!!

Magosto 2023

Carreira do San Martiño, unha morea de xogos e bailes, chourizos e castañas foron os ingredientes principais do noso Magosto deste ano.

Iniciándonos no IOGA

Campionato "Xogando ao atletismo" 2023

 

Torneo minibalonmán A.D. Arenteiro 2023.

Fotos torneo minibalonmán intercentros celebrado no Carballiño dentro do programa Xogade. (Clic na imaxe para ver as fotos).

Facemos capoeira con Adel para celebrar o Día da Educación Física.

O alumnado de primaria puido disfrutar o mes pasado dunha estupenda sesión de capoeira con Adel, celebrando así o Día da Educación Física. Aprendemos moitas cousas sobre esta arte marcial que mestura danza, acrobacias e música.

Torneo comarcal de bádminton alevín.

Fotos do torneo comarcal de bádminton alevín disputado no Carballiño dentro do Programa XOGADE.

Bádminton co Clube Athlos.

A principios de marzo, o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria), puido disfrutar de 4 estupendas sesións de iniciación ao bádminton con Sara e Olalla, xogadoras e entrenadoras do Clube Athlos de Ourense. Ademáis, na derradeira sesión repartiron agasallos varios entre o alumnado.

Obradoiro de xogos e bailes populares.

Obradoiro de xogos e bailes populares a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo.

Estreando rocódromo!!

Esta semana por fin puidemos estrear o noso rocódromo!!!

Clicando na imaxe de abaixo poderedes ver as primeiras fotos de algúns dos nosos alumnos facendo uso desta nova instalación, que vai ofrecer outra alternativa de ocio e deporte para os recreos e para as clases de Educación Física. Ademais poden disfrutar dela dende os máis pequenos ata os de sexto de primaria.

Na seguinte ligazón podedes saber máis sobre os beneficios da escalada para os nenos.

A instalación foi financiada case íntegramente polas familias de alumnos do centro, tras unha iniciativa da ANPA do curso anterior, que se propuxo recadar o suma necesaria para facelo realidade. Por iso, dende o centro agradecemos á ANPA a colaboración prestada, e a súa aportación a todas as familias colaboradoras, especialmente a aquelas de nenos de 6º, que aportaron desinteresadamente, sabendo que os seus fillos non o ían disfrutar este ano porque xa están no instituto.

Sobre a instalación en si cómpre sinalar que:

  1. Foi realizada por unha empresa certificada, cumprindo con todos os estándares de seguridade requeridos.
  2. O custe da obra foi relativamente elevado debido a que o muro é de ladrillo, polo que hai que utilizar un taco químico especial, máis caro que o que ese usa para outro tipo de muros.

Agora a disfrutalo!!

Fase comarcal campo a través 2023

Clic na imaxe para ver as fotos do campo a través deste ano, onde Yasira Rodríguez obtivo medalla como segunda clasificada en benxamín feminino; e tamén Daniel Díaz e Camilo Requejo se proclamaron campión e subcampión respectivamente en categoría benxamín masculino. Parabéns, campións!! E tamén parabéns a todos os participantes, que sufriron unha incómoda choiva durante parte da mañá.

Convivencia co colexio de Boborás.

O pasado venres 27 de maio celebramos unha xornada de convivencia no noso centro. Foi entre alumnado de 1º ciclo do noso centro e 29 nen@s de 1º ciclo do CEIP de Xuvencos, de Boborás.

A xornada enmárcase dentro do programa Xogade (modalidade multixogo), no que participamos todos os anos. Organizouse en 7 zonas por onde o alumnado ía rotando e practicando distintos xogos, a maioría de tipo tradicional.

Distribuir contido


by Dr. Radut