Fotos da actividade PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS, que ten un dobre sentido:
Por unha banda supón o peche do proxecto dos pintores do curso pasado, e pechámolo pintando no mural e en bolsas de tea); e por outra banda supón o comezo do novo proxecto deste curso que tratará sobre os escritores de contos, e o mural pintado recolle unha paisaxe de conto, e ten como protagonista a Naturizo, o noso ourizo máis querido e protagonista dunha serie de contos para os máis pequenos.
PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é un proxecto escolar pola sostenibilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e do tráfico rodado. Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de ocio que fomentan o respecto polo medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.
![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/ADCreHcBB0JndYjVMmic-uC-4tLcNMvbFtc8wyaAlv8WXbD0lSBXxlGQ3pKhM1OFmsms-v7Ofg4WN4zGAHF5YlW1DZtk2NRYJ1-eyvDxYmZ2F4u9BRvStGumiOzNesUFHrlgrI05L6avBRHP2_t4xHgcJmKcFA=w1199-h899-s-no?authuser=1)