Skip to Content

Orientación

Visita IES Xulio Prieto Nespereira.

Charlas sobre acoso e internet segura

Hoxe tivemos as charlas sobre acoso e internet segura coa Garda Civil, dentro do Plan Director do Ministerio. Ver fotos.

Transición de primaria á ESO

Departamento de orientación

Visita do alumnado de 6º ao IES Julio Prieto Nespereira

O pasado 30 de maio, o alumnado de 6º curso de primaria realizou, como cada ano, a visita ao IES Julio Prieto Nespereira, onde continuarán os seus estudos ao rematar no colexio. Coñeceron as instalacións, a algúns profes, e tamén aos futuros compañeiros, reencontráronse cos que xa marcharon o ano pasado... E ademais, tivemos a honra de que a nosa ex-alumna Mª Rita nos fixese de guía nesta agradable visita.

Dende o cole de Amoeiro desexámoslles o mellor na nova etapa que lles agarda.

Mirade as fotos picando na imaxe:

DÍA DA MULLER 2018

Imaxes de algunhas das actividades realizadas para celebrar o Día da Muller:

  • Mural conmemmorativo do Día da Muller elaborados polo alumnado con retratos e textos de autoras galegas.
  • Exposición de libros nos que as protagonistas e/ou as autoras son mulleres.

Teatro contra o abuso infantil

Mirade as fotos e vídeos da saída realizada por parte do noso alumnado o martes 12 de decembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para ver a obra Pum Pum, de Baobab Teatro.

Un espectáculo onde o guión trata un tema moi delicado (os abusos), e que ofrece diferentes lecturas, según quen o estea vendo: Para os pais/nais lánzase unha mensaxe, hai que estar atentos aos nosos/as fillos/as e sobre todo, transmitámoslles que ninguén pode facer nada sen o seu consentimento; para os/as  nenos/as, lanzamos unha mensaxe, non gardes un mal segredo, cóntao e pesará menos.

Visita do alumnado de 6º ao IES Prieto Nespereira

O luns 22 de maio , o alumnado de 6º de primaria visitou o IES Julio Prieto Nespereira.

Alí puideron visitar as instalacións, coñecer a algúns dos profesores do ano que vén, tomar algo na cafetería, recibir información sobre a nova etapa, resolver dúbidas e reencontrarse cos seus compañeiros maiores que xa están estudando alí. Pincha na imaxe para ver todas as fotos da visita.

Distribuir contido


by Dr. Radut