Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

- PRESENTACIÓN CANDIDATURAS: do mércores 17 ao mércores 24 de novembro.

- VOTACIÓNS : VENRES 26 DE NOVEMBRO DE 8:30 a 14:10

MODELO PRESENTACIÓN CANDIDATURA PAIS/NAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

Novembro: mes do medo

Este mes de novembro celebramos o Samaín, pero tamén os Magostos, especialmente na nosa terra ourensá. O alumnado estivo moi atarefado xa que decorou as cabazas de Samaín e a transformou o instituto con espazos que dan auténtico medo... Tamén están preparadas as historias de medo coas que poderán participar no Certame de relatos de medo

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Os listados de concesión de libros exporanse no centro o 

 luns 13 a partir das 10:30. 

Os que teñan dereito, poderán recoller o  cheque de material 

en secretaría.

Becas do Ministerio de Educación curso 2021/2022 - BACHARELATO E FP BÁSICA

As axudas para Bacharelato NON SE TRAMITAN NO INSTITUTO.

Dende o día 3 de agosto ata o 30 de setembro de 2021, abrese o periodo para solicitude de becas para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, do Ministerior de Educación e Formación Profesional.

Para solicitar a beca debes cursar no curso 2021/2022, algún dos seguintes estudos: 

 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grado medio e de grado superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidad a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos religiosos superiores
  • Formación Profesional de Grado Básico (FP Básica)

Para solicitala é necesario facelo dentro da sede electrónica do Ministerior de Educación e Formación Profesional, podes atopar toda a información en:  https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

LIBROS DE TEXTO 1º ESO.ficheiro

LIBROS DE TEXTO 2º ESO.ficheiro

LIBROS DE TEXTO 3º ESO.ficheiro

LIBROS DE TEXTO 4º ESO.ficheiro

LIBROS DE TEXTO 1º BACH.ficheiro

LIBROS DE TEXTO 2º BACH.ficheiro

 

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído)


Nos seguintes enlaces tedes Instruccións fondolibros, orde de libros de texto e anexos a cubrir

Acto de Graduación 2º BACH (2019-2021)

O Venres 14 de Maio ás 19:00 horas, tivo lugar a graduación e despedida da promoción de 2º BACH (2019-2021) nun acto na planta baixa do IES adaptado ás circunstancias e normas sanitarias actuais.

Orientación Profesional e Vocacional

O venres 26 de Marzo de 10.30 a 12.10 houbo unha charla no salón de actos para o alumnado de 2º BACH sobre  Orientación Profesional e Vocacional, no cal se expuxeron diferentes posibilidades tanto a nivel de Graos Universitarios, Ciclos Superiores de FP, e outras opcións por parte de ex alumnos, invitados e profesores do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut